Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Servizos-Promoción económica
Imprimir Enviar a un amigo/a

Promoción económica

A Maiv conta cun Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, cuxas labores xiran en torno a realización de proxectos de promoción económica a implantar na área.

Un aspecto importante dentro das políticas de dinamización dun territorio é aproveitar os novos filóns de emprego e axudar a que actividades de tipo tradicional sexan máis competitivas.

O territorio da Mancomunidade de Vigo presenta e ofrece grandes posibilidades de aproveitamento dos recursos endóxenos en beneficio do emprego e que están vinculados cos novos xacementos de emprego: actividades turísticas, as actividades de ocio e tempo libre, a valorización de recursos locais, a recuperación do patrimonio natural e cultural, as enerxías renovables ou servizos medioambientais, os servizos de mellora da calidade de vida, as actividades vinculadas coas novas tecnoloxías da información, etc.

A presenza de axentes de emprego e desenvolvemento local que participan como prospectores de mercado e promotores de proxectos de apoio á creación de emprego e a mellora das condicións de vida da cidadanía, debe potenciar o desenvolvemento local e tamén mellorar os servizos que as administracións públicas prestan á poboación.

Débese ter en conta que a realidade de cada un dos concellos da MAIV determina a necesidade de unificar a xestión e a administración dos recursos públicos en materia de formación e emprego. Así determinar as prioridades de cada zona tanto a nivel sectorial como territorial, aplicar políticas globais que vinculen e coordinen as distintas administracións e axentes sociais que inciden no desenvolvemento local, identificar e diagnosticar prioridades de actuación para dinamizar o territorio e adaptar os programas e políticas de emprego ás realidades locais, deberán ser as actuación prioritarias da axente de emprego e desenvolvemento local da Mancomunidade de Vigo.

Polo tanto o obxectivo principal que se pretende coa figura dun axente de emprego e desenvolvemento local é a de complementar, apoiar e continuar coa colaboración na implantación das políticas activas de emprego, tal e como se enuncia na normativa que regula esta figura.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org