Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

NOVA ACTIVIDADE DA OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO
- 14/10/2013 -
Taller "Dinamización de Preescriptores en divulgación e Asesoramento Cooperativo" Vigo 24/10/13

A Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar e a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo

 

 

Nesta ocasión temos organizado a celebración dun taller que baixo o título “Dinamización de prescriptores en divulgación e asesoramento cooperativo” pretende actualizar a formación práctica nas áreas da divulgación, xestión e planeamento da fórmula cooperativa, que faciliten os procesos de prescrición, divulgación e asesoramento cooperativo.

 

Trátase dunha actividade gratuíta e presencial  que vai dirixida ao persoal das administracións públicas locais e doutros organismos, relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local.

 

O Taller que se celebrará o dia 24 de Outubro no Centro Local de Emprego de Vigo (rúa Oporto nº 2, 2ª Planta) en horario de 10:00 a 13:30. será impartido por Juan Gómez Cabo socio-consultor de Xedega, S.Coop Galega

 

 

Remitimos programa e ficha de inscrición.

 

Se queres participar debes cubrir a ficha de inscrición que che adxuntamos e mandala por correo á seguinte dirección: ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar oo teléfono 986 42 33 66

 

Colabora o Concello de Vigo




<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org