Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

Xornadas de promoción do cooperativismo na Mancomunidade de Vigo
- 20/10/2014 -
Novas accións de promoción e difusión do cooperativismo nos concellos da Mancomunidade de Vigo
A Oficina de fomento cooperativo da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e co financiamento do Fondo Social Europeo volta a realizar actividades de difusión do cooperativismo no marco da Rede Eusumo.

Neste novo periodo de accións a Mancomunidade de Vigo ten prevista a realización de catro accións de difusión no seu territorio que  baixo o título: “¿E porque non montamos unha cooperativa? Aprender outra forma de emprender” pretende dar a coñecer a cooperativa como unha alternativa válida e viable para o autoemprego.

Trátase de catro xornadas formativas gratuítas e presenciais que van dirixidas ao público en xeral pero resultará de especial interese para persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social

A Xornadas celebraranse nos seguintes lugares e días nas vindeiras datas:
  • Día 23 de Outubro no Centro Neural de Gondomar de 10:30 a 13:30 horas
  • Día 27 de Outubro no CDL O Torrón de Salceda de Caselas de 10 a 13 horas
  • Día 30 de Outubro no Salón de Actos do CDL de Mos de 10:30 a 13:30 horas
  • Día 3 de Novembro no Edificio Multiusos da Xunqueira de Redondela, en horario de 10:30 a 13:30

En todas estas xornadas contaremos tamén co relatorio dunha persoa experta en cooperativismo que nos fará unha introdución da formula empresarial e así mesmo cunha persoa integrante dunha cooperativa que nos permitirá coñecer de 1ª man como desenvolver un proxecto baixo a devandita fórmula


Se queres participar podes enviarnos un correo á seguinte dirección: ofi.cooperativismo@maiv.org ou chamar ao teléfono 986 42 33 66. Tamén vos podedes informar nos vosos respectivos departamentos de emprego dos concellos da Maiv.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org