A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Socioeconómicos      Localización      Concellos      A MAIV en Datos   
Buscar  

Nigrán
Baiona
Fornelos de montes
Gondomar
Pazos de Borbén
Mos
O Porrino
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior
Vigo

 

 

Concello de marcado carácter marítimo, o seu territorio presenta escasa altitude media, destacando os maiores accidentes do terreo na serra da Groba. Está inmerso na comarca do Val Miñor e, coma o resto dos concellos desta, bascula entorno á área de Vigo en canto súas relacións económicas, comerciais ou administrativas.

Os efectivos demográficos deste concello incrementáronse nos últimos anos a un ritmo suave pero suficiente para poder dicir que estamos ante un concello dinámico e de poboación relativamente nova.

A poboación ocupada do concello dedícase fundamentalmente ó sector servicios, concretamente traballando nas ramas de hostelería e actividades vencelladas ó turismo de sol e praia, factor que transforma a dinámica económica do lugar na Época estival. As actividades turísticas contan en Baiona cun contorno paisaxístico moi favorable para a práctica de deportes náuticos e o disfrute do tempo de ocio. O sector presenta unha infraestructura forte para seguir crecendo nese ámbito, esta vai dende a oferta hoteleira no Parador Conde de Gondomar ata os apartamentos ou campings próximos á costa, pasando polo porto deportivo de gran calibre e proxección internacional.

As infraestructuras melloraron notablemente nos últimos anos coa construcción da autoestrada do Val Miñor, que enlaza coa autovía das Rías Baixas e aproxima a poboación deste concello a Vigo e os enlaces con Pontevedra e Ourense.

Baiona posúe un patrimonio histórico-artístico digno de mención no que hai que destacar o castelo Monte Real, hoxe Parador Nacional de turismo, a colexiata ou o conxunto do núcleo antigo da vila, declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1993.

 

 

 

 

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org