A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Socioeconómicos      Localización      Concellos      A MAIV en Datos   
Buscar  

Nigrán
Baiona

Gondomar
Pazos de Borbén
Mos
O Porrino
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior
Vigo

 

 
Localízase este concello no nordeste da Mancomunidade de Vigo, ó pé da Serra do Suído, polo que resulta o máis interior e montañoso de toda esta, acadándose máis de 1000 metros nalgúns cumes situados dentro do concello e pertencentes a aquela serra. Do Suído baixan os arroios que alimentan o río Oitavén, canle que orixina os vales fluviais máis destacados do concello, nos que se asenta a poboación.

Os usos do solo que predominan nestas terras septentrionais relaciónanse co aproveitamento forestal. O matorral, as coníferas e eucaliptais destacan sobre o resto dos usos debido á topografía accidentada e á altitude que acada o relevo da zona. … por esta razón pola que o monte representa o maior recurso natural do concello.

Fornelos de Montes pode considerarse unha das áreas máis deprimidas da Mancomunidade de Vigo, tanto en canto ó despoboamento como ás actividades económicas, pois a maioría dos seus habitantes teñen que traballar nos concellos dos arredores. As empresas radicadas no territorio do concello son escasas e o volume de facturación destas é o menor de todos os concellos limítrofes.

As maiores riquezas deste concello son as naturais, pois posee recursos paisaxísticos e ecolóxicos aínda por explotar como por exemplo a serra do Suído, o encoro de Eiras ou o curso do río Oitavén.

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org