A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Socioeconómicos      Localización      Concellos      A MAIV en Datos   
Buscar  

Nigrán
Baiona
Fornelos de montes

Pazos de Borbén
Mos
O Porrino
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior
Vigo

 

 

Concello situado na comarca do Val Miñor, moi próximo a Vigo, cidade coa que ten fortes relacións, xa que moita poboacion que traballa naquela cidade reside nos concellos dos arredores como Gondomar e se despraza diariamente, factor que inflúe decisivamente na importancia dos movementos pendulares entre o Val Miñor e Vigo

Os usos do solo predominantes son os destinados a labores intensivas, localizadas fundamentalmente no val fértil regado polos ríos Miñor, Groba e Zamáns. Ademais destes aproveitamentos agrícolas o concello posúe ampla superficie industrial na parroquia de Vincios, na que se instalan empresas que aproveitan a proximidade a Vigo para acceder ás boas comunicacións da cidade. A autoestrada do Val Miñor constitúe un eixe importante de transporte para estas empresas localizadas en Gondomar.

 

Gondomar resulta un dos concellos mellor localizados para exercer de cinto de expansión da cidade de Vigo e esta situación estratéxica xa se está notando no auxe constructivo, dada a proximidade á cidade e os servicios ofrecidos por Gondomar.

 

O concello posúe destacados vestixios arqueolóxicos que o converten no gran xacemento paleolítico provincial gracias á estación de "Chan de Cereixo" en Donas. As terras de Gondomar gozan de espléndidos señoríos e mostran gran cantidade de pazos e casas solariegas: o pazo do Conde de Gondomar, os pazos de Pampillón, Arines ou Villarés.

 

 

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org