A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Concellos   
Buscar  

Nigrán
Baiona
Fornelos de montes
Gondomar
Pazos de Borbén

O Porrino
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior
Vigo

 

 

Concello localizado na comarca de Vigo, limita con este concello polo extremo occidental e forma nalgunhas zonas case un continuo industrial da cidade de Vigo. Xeograficamente pertence á comarca da Louriña, caracterizada polo val do río Louro en torno ó que se asentou a poboación e se execren a maioría das actividades.

Topograficamente caracterízase pola depresión que atravesa o concello de norte a sur e que favorece as comunicacións. Esta área baixa forma parte da depresión meridiana galega que cruza a comunidade de Carballo ata Tui e que é base das principias comunicacións terrestres pola parte occidental galega. … por todo isto polo que o concello aparece partido por unha importante vía de comunicación, a autovía das Rías Baixas que, ó seu paso por Mos, deixa unha barreira penetrable só por algúns puntos para os veciños que pretenden atravesala a pé.

A actividade económica de Mos xira entorno ás empresas que están situadas no seu solo industrial e que aproveitan esta localización pola proximidade a Vigo e as boas comunicacións co norte de Galicia, Portugal e a meseta. As relacións comerciais e de servicios establécense co concello de Porriño, co cal limita e que constitúe un nó comercial para todo o val da Louriña, e co de Vigo, que exerce un forte poder de atracción sobre os concellos da súa área, debido á oferta de servicios característicos dunha cidade sobre a que pivota todo o suroeste de Galicia.

 

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org