A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Socioeconómicos      Localización      Concellos      A MAIV en Datos   
Buscar  

Nigrán
Baiona
Fornelos de montes
Gondomar
Pazos de Borbén
Mos
O Porrino

Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior
Vigo

 

 

Este concello sitúase no norte da Mancomunidade de Vigo, limitando coas áreas máis abruptas desta polo leste e coa Ría de Vigo polo oeste, da que forma o final na enseada de San Simón.


Redondela presenta características urbanas no seu poboamento, como corresponde a un concello próximo a Vigo que incrementou considerablemente os seus efectivos demográficos entre a década dos anos 60 e 80. Ademais, o mapa de asentamentos de poboación mostra unha clara preferencia para a localización humana nas zonas costeiras e de topografía baixa. O hábitat resulta moi concentrado aí e con tendencia á urbanización constante, pois é un foco de atracción de individuos que fixan a súa residencia en zonas da periferia urbana de Vigo, buscando mellores condicións para o investimento en vivenda.

As infraestructuras viarias do concello convérteno no máis próximo a Vigo e ós seus servicios, incluso existe transporte urbano de Vigo que se achega á parroquia máis poboada de Redondela, porque está moi próxima á cidade e os habitantes organizan a súa vida en torno a Vigo.

O concello conta con espacios naturais de grande interese ecolóxico e dignos de conservar como son o contorno do areal de Cesantes e a illa de San Simón.

Ademais, esta vila é famosa polas celebracións festivas como o Corpus, onde se une a tradición relixiosa e a pagana; as rúas engalánanse con alfombras florais para o paso da Procesión mentres a tradición pagana perdura no desfile da "Coca", dragón mítico que sae ás rúas acompañado de xigantes e cabezudos. Os actos tenen como colofún a mostra de danzas antigas como a das sete espadas.

 

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org