| |
Concello
interior da Mancomunidade de Vigo, regado por
ríos que verten na cunca do Miño,
con relevo máis accidentado cara ó
norte do territorio. Sobre este espacio m·is elevado
predominan os usos do solo asociados ó
monte e baseados nos aproveitamentos mixtos de
coníferas e eucalipto.
Sitúase no sureste da Mancomunidade pero
tamén mantén estreitas relacións
cos concellos que integran as comarcas próximas
do Condado e o Baixo Miño. A mellora das
comunicacións redundou positivamente na
integración deste concello na área
de Vigo.
 |
Dende
o punto de vista económico Salceda
de Caselas mantén fortes vencellos
co concello veciño de Porriño,
no que atinxe á explotación
das canteiras de granito dos montes colindantes.
Esta actividade é tan importante
que dentro das actividades empresariais
de maior facturación figuran a extracción
de granito, a pedra traballada e as empresas
contratistas xerais.
Salceda
resulta ser o concello da Mancomunidade
con maior porcentaxe de poboación
ocupada no sector industrial, case un 45%,
feito relacionado coa vinculación
ás industrias de Porriño.
|
|