Concello
do extremo norte da Ría de Vigo, de
gran atractivo paisaxístico pola abundancia
de espacios forestais, marítimos e
de valor patrimonial. … un territorio marcado
polas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén,
que o cruzan transversalmente, uníndose
na ponte Silvoso para desembocar na Ría
de Vigo.
A
actividade económica do concello
céntrase no sector primario, do que
resulta sobresaínte a pesca e o marisqueo.
Do resto dos sectores destacan a construcción
e os servicios, predominando os asociados
á hostelería neste caso.
É
famoso este concello polos encontros gastronómicos
de índole festivo nos que se exalta
un producto típico da súa
costa como é a ostra. Esta festa
celébrase na parroquia de Arcade
e as ostras son acompañadas polos
viños de albariño producidos
nalgunhas zonas do concello.
As
terras de Soutomaior conservan vestixios
artísticos da época medieval,
representados polo Castelo de Soutomaior,
símbolo do poder e dominios da nobreza
galega. Os primeiros restos desta fortaleza
datan do século XI pero sufriu ampliacións
e reformas no século XV e foi reconstruído
nos séculos XVIII, XIX e XX. Conserva,
como valores artísticos a destacar,
portas antigas, ponte levadiza e torres
de defensa de planta rectangular.
|


|