A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
  Socioeconómicos      Localización      Concellos      A MAIV en Datos   
Buscar  

Nigrán
Baiona
Fornelos de montes
Gondomar
Pazos de Borbén
Mos
O Porrino
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Soutomaior


 

 

Situado na beira sur da ría á cal lle dá nome, Vigo constitúe a gran aglomeración urbana do sur de Galicia e o maior foco de concentración económica da Mancomunidade, en torno a cal xiran o resto dos concellos que forman este organismo supramunicipal, considerados como cintos periurbanos de toda unha área metropolitana de case medio millón de habitantes con centro nesta cidade.

Ademais de constituír o concello onde converxen os fluxos económicos da metade meridional galega, representa un eixe forte nas relacións co norte de Portugal. As comunicacións coa meseta a través da autovía Rías Baixas e co norte de Galicia e Portugal a través da autoestrada do Atlántico e autovía á fronteira de Tui, converten esta cidade en nó de comunicacións do Eixe Atlántico.

Con respecto ó tecido industrial da cidade hai que sinalar que esta conta cunha gran tradición empresarial receptiva ós cambios que as novas condicións económicas impoñen. Ten o privilexio de contar cunha das grandes factorías automobisticas de España e, como consecuencia, cun forte entramado de industrias auxiliares ó seu carón.

Así mesmo, Vigo é un centro pesqueiro dinámico que concentrou un gran número de empresas relacionadas co mar en torno ó seu porto e que fan que esta cidade se coñeza no exterior pola tradición marítima.

A cidade serve de punta de lanza para o turismo de calidade que chega por mar en transatlánticos e que se despraza polas rías baixas unha vez que desembarca en Vigo. Ademais, o concello conta cun contorno paisaxístico rural e marítimo excelente para ser visitado; a cidade e os seus arredores posúen unha oferta hosteleira ampla que favorece o desenvolvemento do sector turístico.

 

 

 

 

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org