CAPITULO I
DA CONSTITUCIÓN DA MANCOMUNIDADE
Artigo
1.- MUNICIPIOS INTEGRANTES DA MANCOMUNIDADE
Integran
a Mancomunidade os Concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar,
Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas,
Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo. Poderán adherirse con posterioridade
outros Concellos, previa solicitude dos mesmos e acordo do Pleno
da Mancomunidade.
Artigo
2.- DENOMINACIÓN
A
Entidade local supramunicipal ou intermunicipal constituída ó abeiro
destes Estatutos denominarase MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL
DE VIGO.
Artigo
3.- SEDE
A
sede da Mancomunidade fixase de modo provisorio na rúa da Hispanidade,
nº 17, da cidade de Vigo.
A
sede definitiva será establecida polo Pleno da Mancomunidade co
voto favorable das dúas terceiras partes dos membros presentes.
Artigo
4.- VIXENCIA
A
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo ten un prazo de vixencia
indefinido, sen prexuízo do previsto nestes Estatutos sobre a disolución
da Mancomunidade.
Artigo
5.- PERSONALIDADE XURÍDICA
De
conformidade co artigo 44.2 da Lei Reguladora das Bases do Réxime
Local, a Mancomunidade terá plena personalidade xurídica para cumprir
os seus fins e, xa que logo, poderá adquirir, posuír, reivindicar,
permutar, gravar e allear todo tipo de bens; contratar, establecer
e xestiona-los servicios públicos que se sinalan nestes Estatutos
como propios da súa competencia; interpoñe-los recursos e exerce-las
accións que estime segundo as leis aplicables, sen máis limitacións
que as previstas na normativa vixente e consoante coa súa natureza
de Entidade Local Municipal e ás normas contidas nestes Estatutos.

CAPITULO
II
DOS FINS DA
MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO
Artigo
6.- FINALIDADES E SERVICIOS
1)
A Mancomunidade terá por obxecto as seguintes finalidades:
- Cooperación
nos servicios de seguridade cidadá, abranguendo tanto a policía
urbana como a rural e buscando solucions ós problemas de circulación,
coordenando as Policías Locais.
- Protección
Civil, coordenando os medios dos diferentes concellos na programación
da prevención en casos de calamidades ou catástrofes públicas
ou de natureza análoga que poidan afectar ós concellos da Mancomunidade
ou a algún determinado nun caso concreto e, de protección e
socorro no caso de que se produzan ditas situacións.
- Prevención
e extinción de incendios.
- Abastecemento
de auga potable e saneamento; ordenación integral dos devanditos
servicios, tanto no litoral como no interior.
- Recollida,
transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos, industriais
e sanitarios.
- Transporte
público en servicios urbanos e rurais.
- Desenvolvemento
dos servicios sociais.
- Acción
cultural común a tódolos concellos.
- Loita
contra a droga nos seus diferentes aspectos de prevención, colaboración
coas Forzas de Seguridade do Estado e Administración Xudicial;
asistencia e reinserción dos toxicómanos.
- Protección
do medio ambiente, cunha acción unitaria entre os diferentes
concellos.
- Protección
dos montes cos instrumentos e normas necesarias para o devandito
fin.
- Ordenación
urbanística, mediante o planeamento correspondente, mesmo a
xestión da redacción dun Plan Director de Coordenación Comarcal,
para realizar na forma que se disponga de conformidade cos órganos
da Comunidade Autónoma.
- Fomento
do desenvolvemento dos concellos que compoñen a Mancomunidade,
realizando as peticións e xestións coas diferentes Administracións
competentes nos diferentes aspectos: turístico, vías de comunicación,
infraestructuras e servicios, portos, acondicionamento do litoral,
transportes, educación, seguridade cidadá, e en tódalas materias
en xeral que poidan ser comúns ós concellos que compoñen a Mancomunidade
e que esixen unha acción unida dos mesmos; así como a outras
institucións ou empresas, a fin de lograr, das Administracións
Públicas ou do sector privado, os correspondentes investimentos
nas diferentes actividades económicas ou de servicios.
2)
A Mancomunidade organizará e prestará, segundo as súas posibilidades
vaian permitíndoo e o Pleno da Mancomunidade o acorde, servicios
de competencia municipal que estean incluídos nas finalidades anteriores.
3)
Os efectos da prestación dos servicios comprendidos nas finalidades
do apartado número 1) do presente artigo pola Mancomunidade, enténdense
excluídos da competencia da Mancomunidade os servicios non expresamente
relacionados e os xa establecidos polos concellos membros xestionados
en réxime de monopolio ou, os xa outorgados a empresas baixo as
modalidades de xestión indirecta, ata o vencemento do prazo contractual
en cada caso, e sen prexuízo dos acordos que se poideran establecer
pola Mancomunidade cos respectivos concellos membros e as empresas
prestadoras de tales servicios.
Artigo
7.- FORMAS DE XESTIÓN
O
Pleno da Mancomunidade determinará a modalidade de xestión a empregar
para cada servicio concreto, dentro das previstas pola lexislación
de Réxime Local vixente.

CAPITULO
III
ÓRGANOS DE
GOBERNO E ADMINISTRACIÓN
Artigo
8.- GOBERNO E ADMINISTRACIÓN
1)
O goberno e maila administración da Entidade corresponderalle ós
seguintes órganos segundo o previsto nestes Estatutos:
- Pleno
da Mancomunidade
- Comisión
de Goberno
- Presidente
- Tres Vicepresidentes
2)
A Mancomunidade disporá, entre outro, do seguinte persoal funcionario
con habilitación de carácter nacional:
- Secretario
- Interventor
- Tesoureiro
3)
Créase o posto de traballo de Xerente.
4)
Poderanse crear no cadro de persoal da Mancomunidade, Directores
de Servicios.
Artigo
9.- PLENO
O
Pleno da Mancomunidade é o órgano superior de goberno desta, á que
representa como corporación de dereito público.
Cada
concello membro estará representado no Pleno da Mancomunidade polo
seu Alcalde e máis por outros representantes designados polo pleno
de cada Concello entre os seus membros corporativos na seguinte
proporción:
-
Concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes: 1
-
Concellos con poboación entre 5.000 e 10.000 habitantes: 2
-
Concellos con poboación entre 10.000 e 25.000 habitantes: 3
-
Concellos con poboación entre 25.000 e 100.000 habitantes: 4
-
Concellos con poboación superior a 100.000 habitantes, máis
un representante máis por fracción de 25.000 superando os 100000
habitantes: 7
Os
representantes cesarán por perda da súa condición de Concelleiro
ou por substitución por outro Concelleiro.
Tódolos
membros do Pleno da Mancomunidade terán voz e voto.
Actuará
como Voceiro de cada Concello membro, o Alcalde-Presidente ou representante
en que éste delegue.
Para
a celebración de sesións polo Pleno da Mancomunidade en primeira
e segunda convocatoria, é necesaria a asistencia dun tercio do número
legal de membros do mesmo.
Celebrarase,
polo menos, unha sesión ordinaria cada seis meses, establecéndose
as datas da reunión polo Pleno na sesión constitutiva ou na inmediata
seguinte.
As
sesións extraordinarias celebraranse cando así o decida o Presidente
ou a solicitude de dous tercios do número legal de membros.
A
adopción dos acordos farase de conformidade ó disposto no artigo
47 da Lei de Bases de Réxime Local 7/85 do 2 de abril.
Artigo
10.- COMISIÓN DE GOBERNO
A
Comisión de Goberno da Mancomunidade intégrase por tódolos Alcaldes
dos Concellos membros ou Concelleiros nos que deleguen, sempre que
ostenten a condición de representantes no Pleno da Mancomunidade.
Na
sesión constitutiva do Pleno da Mancomunidade ou na seguinte que
se convoque, determinaranse enumerativamente os asuntos que o Pleno
delegue na Comisión de Goberno, especificando, no seu caso, o alcance
e extensión da mesma, sen que en ningún caso se poidan conferir
delegacións en asuntos reservados ó Pleno nos presentes Estatutos,
ou que por imperativo legal exista prohibición de delegación.
Para
a válida constitución da Comisión de Goberno, estarase ó disposto
en canto á esixencia de quorum, ó establecido para o Pleno da Mancomunidade.
A
Comisión de Goberno celebrará reunións ordinarias mensuais e extraordinarias
cando así o decida o Presidente ou a solicitude de dous tercios
do número legal de membros.
A
adopción dos acordos farase de conformidade ó disposto no artigo
47 da Lei de Bases de Réxime Local 7/85 do 2 de abril.
O
voto de cada membro da Comisión de Goberno será ponderado en función
do número de representantes de cada Concello que integran o Pleno
da Mancomunidade.
Artigo
11.- PRESIDENTE
O
Presidente será o Alcalde do Concello de Vigo e ostentará a representación
da Mancomunidade.
Nos
casos de ausencia, vacante ou enfermidade exercerá a Presidencia
da Mancomunidade quen legalmente o sustitúa nas súas funcións como
Alcalde no Concello de Vigo.
Artigo
12.- VICEPRESIDENCIAS.
Establécense
tres Vicepresidencias, que teñen como funcións detectar necesidades
e recursos e impulsa-los intereses da Mancomunidade nas áreas territoriais
que integran a mesma, informando de todo isto ó Presidente. Estas
áreas son:
-
Área do Louro- Condado, integrada polos municipios de Porriño, Salceda
de Caselas e Salvaterra de Miño.
-
Área do Val-Miñor, integrada polos municipios de Baiona, Nigrán
e Gondomar.
-
Área de Redondela-Norte, integrada polos municipios de Redondela,
Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
As
Vicepresidencias, unha por cada área, serán desempeñadas con carácter
rotatorio durante un ano polos Alcaldes-Presidentes dos Concellos,
ou quen legalmente os substitúa no seu Concello, que integran cada
área territorial, segundo orde alfabético destes últimos.
Artigo
13.- FUNCIONARIOS CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL
Crearanse
os correspondentes postos de traballo de Secretario, Interventor
e Tesoureiro con habilitación de carácter nacional, conforme ó disposto
na Lexislación Vixente. En caso de vacante, estarase ó disposto
nos nomeamentos provisionais e comisións de servicio e acumulacións
previstas na lexislación de funcionarios con habilitación de carácter
nacional e, mentres tanto, a Comisión de Goberno pode nomear para
desempeña-las devanditas prazas un Secretario, Interventor ou Tesoureiro
en funcións noutra praza doutro Concello da Mancomunidade.
Mentres
non se cren os devanditos postos, actuarán como Secretario, Interventor
e Tesoureiro da Mancomunidade quen desempeñen os cargos como titulares
no concello de Vigo, ou quen, tendo habilitación de carácter nacional,
actúen por substitución ou delegación de aqueles.
Artigo
14.- XERENTE E DIRECTORES DE SERVICIOS
1)
Créase o posto de traballo de Xerente da Mancomunidade, persoal
eventual coas características seguintes:
- Titulación
Superior con experiencia acreditada.
- A súa
retribución será fixada polo Pleno da Mancomunidade.
- O seu
nomeamento e cese serán efectuados polo Presidente que dirixa
esta Mancomunidade ó principio e ó remate de cada mandato, oída
a Comisión de Goberno.
- Este posto
de traballo figurará no cadro de persoal da Mancomunidade.
2)
O Pleno da Mancomunidade poderá establecer postos de traballo de
Directores de Servicios cando o estime oportuno para os servicios
asumidos e xestionados pola Mancomunidade.

CAPITULO
IV
ATRIBUCIÓNS
DOS DIVERSOS ÓRGANOS
Artigo
15.- COMPETENCIAS DO PLENO
Corresponde
ó Pleno da Mancomunidade dentro do ámbito das súas competencias
e co alcance e extensión dos fins desta, sinalados no artigo 6 dos
presentes Estatutos:
- A modificación
dos presentes Estatutos, cos requisitos legais esixidos pola
lexislación vixente.
- A disolución
da Mancomunidade, nos supostos sinalados no artigo 29 dos Estatutos.
- A admisión
de membros novos na Mancomunidade.
- A organización
dos servicios sinalados no apartado 1) do artigo 6 dos Estatutos.
- Potestades
regulamentaria e de autoorganización.
- Potestade
tributaria e financieira nos termos establecidos para as Mancomunidades
na Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.
- Potestade
de programación ou planificación.
- Por analoxía
cantas atribucións son conferidas ó Concello Pleno pola Lei
7/1985 de 2 abril reguladora das Bases de Réxime Local, Real
Decreto Lexislativo 781/1986 e Real Decreto 2568/1986 de 28
de novembro (ROF).
Artigo
16.- COMPETENCIAS DA COMISIÓN DE GOBERNO
Corresponde
á Comisión de Goberno tódalas atribucións que non estean reservadas
ó Pleno da Mancomunidade ou ó Presidente, amais as que o Pleno ou
a Presidencia lle delegue.
Artigo
17.- COMPETENCIAS DO PRESIDENTE
Correspóndelle
ó Presidente: O Presidente da Mancomunidade serao á vez da Asemblea
Intermunicipal e do Pleno da Mancomunidade e terá as seguintes atribucións:
- Convocar,
presidir, suspender e levanta-las sesións e dirixi-las deliberacións.
- Publicar,
executar e facer cumprir os acordos da Asemblea e do Pleno da
Mancomunidade, adoptando as disposicións que iso requira.
- Dirixir
e inspecciona-los servicios e obras da Mancomunidade para logra-la
súa prestación con suxeición ás decisións dos seus órganos de
goberno.
- Ostenta-la
representación da Mancomunidade en toda clase de negocios xurídicos,
podendo conferir mandatos para o exercicio de dita representación.
- Presidi-las
Mesas de licitacións en obras e servicios que se convoquen pola
Mancomunidade.
- A xefatura
superior do persoal da Mancomunidade.
- Por analoxía
cantas atribucións son conferidas ó Alcalde pola Lei 7/1985
de 2 abril reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto
Lexislativo 781/1986 e Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro
(ROF).

CAPITULO
V
RÉXIME
XURÍDICO E PROCEDEMENTO
Artigo
18.- REXIME XURÍDICO
O
funcionamento dos órganos de goberno e administración, o procedemento
e o réxime xurídico da Mancomunidade axeitaranse ó disposto na vixente
lexislación local no que non sexa incompatible coa propia natureza
institucional da Mancomunidade, no que non estea previsto expresamente
nos presentes Estatutos.
Artigo
19.- EFECTOS DOS ACORDOS
1)
Os acordos adoptados polos órganos de goberno e administración da
Mancomunidade de carácter ordinario, e sempre que se trate do cumprimento
dos fins asumidos pola mesma, vencellarán ós municipios mancomunados.
2)
Non terán carácter de acordos ordinarios, e esixirán a ratificación
expresa de cada un dos concellos mancomunados, naqueles asuntos
en que así proceda por imperativo legal.

CAPITULO
VI
FACENDA
Artigo
20.- REXIME FISCAL
O
réxime da Facenda da Mancomunidade será o establecido para as Entidades
Locais municipais en xeral, e para estes entes asociativos intermunicipais
en especial, pola lexislación de réxime local vixente no tocante
á imposición e ordenación de tributos, xestión recadatoria, recursos
económicos, presupostos, contabilidade e rendemento de contas.
Artigo
21.- font color="#FFFFFF"ES DE INGRESOS.
1)
Os ingresos da Mancomunidade provirán de medios establecidos na
normativa vixente, e en especial na Lei Reguladora das Facendas
Locais:
- Ingresos
de dereito privado.
- Subvencións
e outros ingresos de dereito público.
- Taxas
pola execución ou utilización dos seus servicios ou pola realización
de actividades da súa competencia.
- Prezos
públicos que se establezan pola prestación de servicios ou realización
de actividades administrativas da competencia da Mancomunidade.
- Contribucións
especiais para a execución de obras ou o establecemento, ampliación
e mellora dos servicios da competencia da Mancomunidade.
- Operacións
crediticias.
- Multas.
- Avinzas
dos concellos mancomunados.
- Outras
aportacións de bens de natureza inmoble ou moble.
2)
Será de aplicación, en verbo dos ingresos a que se refire o apartado
anterior, o disposto para os concellos pola normativa vixente e
en particular para as Mancomunidades.
Artigo
22.- RECADACIÓN
A
Mancomunidade farase cargo da imposición e ordenación dos ingresos
imputables ós servicios que execute ou ás obras que realice, así
como da xestión recadatoria dos mesmos; se ben poderá concertar
cos concellos membros o pagamento dunha avinza equivalente ou a
recadación.
Artigo
23.- APORTACIÓNS DOS CONCELLOS
As
aportacións dos municipios mancomunados poderán ser ordinarias ou
extraordinarias.
1)
Terán carácter de aportacións ordinarias as cuotas de cada municipio
mancomunado destinadas a sufraga-los gastos da Mancomunidade e as
de implantación e posta en funcionamento dos servicios que se establezan
conforme ós criterios que a seguir se indican:
Primeiro.-
Gastos xerais da Mancomunidade e adquisicións patrimoniais para
sede e oficinas xerais:
- A táboa
de criterios debe establecerse proporcionalmente á súa poboación.
- Anualmente,
o Pleno da Mancomunidade debe determinar esta táboa de criterios
baseandose para isto nos presupostos aprobados en cada concello.
De non estaren aprobados no comenzo do exercicio, deben aplicarse
provisionalmente aquelas porcentaxes correspondentes ó exercicio
anterior que rexerán mentres non se poida fixar o definitivo,
que terá efectos retroactivos.
Segundo.-
Gastos de instalación e xerais de cada servicio:
- Son gastos
de instalación ou inversión aqueles que cómpren para o seu establecemento
e mantemento. A avinza de cada un dos municipios mancomunados,
e que disfrutan do servicio, tanto nos gastos de instalación
como nos xerais do servicio nos que estean integrados, debe
facerse sobre a base dos criterios que se establezan na súa
implantación.
Terceiro.-
As concertadas cos municipios mancomunados nos termos do artigo
21 destes Estatutos.
2)
Terán carácter de avinzas extraordinarias todas aquelas que, ó teren
por obxecto a ampliación e mellora do servicio, supoñan unha aportación
económica dos municipios mancomunados.
Artigo
24.- AUTOFINANCIAMENTO DOS SERVICIOS
En
todo servicio prestado pola Mancomunidade, débese percura-lo autofinanciamento
e, xa que logo, a progresiva absorción dos custos de amortización,
funcionamento e mantemento, incluída a participación nos gastos
xerais que lle fosen imputables.
A
xestión económica dos servicios por parte da Mancomunidade debe
de tender, xa que logo, á progresiva reducción das avinzas extraordinarias
cara á súa supresión e mesmo á acumulación de reservas e fondos
de inversión convenientes para limita-las aportacións extraordinarias
ás xeradas pola asunción e implantación de novos servicios.

CAPITULO
VII
DO
PERSOAL Ó SERVICIO DA MANCOMUNIDADE
Artigo
25.- DO PERSOAL Ó SERVICIO DA MANCOMUNIDADE
O
persoal ó servicio da Mancomunidade poderá ser funcionario ou laboral,
segundo a natureza das funcións e de acordo co que se estableza
no cadro de persoal e relación de postos de traballo, conforme ó
establecido na Lexislación Básica Estatal e demáis normativa Local
de aplicación.
O
Xerente ostentará a xefatura dos servicios administrativos da Mancomunidade,
sen prexuízo das funcións dos funcionarios con habilitación de caracter
nacional, e aquelas atribucións que lle encomenden os Órganos de
Goberno.
Os
Directores de Servicios terán as funcións que ós mesmos se atribúan
e colaborarán a nivel superior no Goberno e Administración da Mancomunidade.
As
funcións administrativas e subalternas poderán ser exercidas polo
persoal das respectivas escalas dos Concellos Mancomunados, retribuíndolles
na forma regulamentaria prevista na lexislación de Réxime Local.

CAPITULO
VIII
MODIFICACIÓN
E RESOLUCIÓNS
Artigo
26.- INCORPORACIÓN DE MUNICIPIOS
No
suposto de que con posterioridade á aprobación dos Estatutos, se
integre na Mancomunidade algún outro municipio, practicaríase previamente
no expediente de aceptación do novo Concello membro a determinación
das aportacións que o novo municipio teña que aboar á Mancomunidade
como compensación ó estado das instalacións xerais e servicios nos
que se integrase con plenitude de dereitos.
Artigo
27.- SEPARACIÓN DE MUNICIPIOS
A
separación dun municipio do seo da Mancomunidade poderá ser:
1.-
Causas:
- Voluntaria.
Os municipios membros poderán separarse da Mancomunidade por
acordo do Concello respectivo, e sen prexuízo de cumpri-las
obrigas validamente contraídas anteriormente.
- Forzosa.
Cando un municipio incumpra reiteradamente as obrigas económicas
coa Mancomunidade, ata o punto que faga dificultosa por demáis
a súa xestión económica, e afecte a propia viabilidade da Mancomunidade,
o Pleno da Mancomunidade poderá acordar a súa expulsión.
2.-
Efectos:
A
separación levará consigo o pagamento das débedas pendentes polos
diversos conceptos e indemnizacións no seu caso.
Artigo
28.- MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS
A
modificación dos presentes Estatutos faraa o Pleno da Mancomunidade,
a proposta de calquera dos concellos mancomunados, e deberana aproba-los
concellos respectivos na forma disposta para a súa aprobación pola
lexislación local vixente.
Artigo
29.- DISOLUCIÓN
1)
A disolución da Mancomunidade producirase en calquera dos seguintes
casos:
a)
Por imperativo legal.
b)
Cando o acorde o Pleno da Mancomunidade, co quorum legalmente
esixible.
c)
Cando resulte inviable técnica e económicamente a súa continuación
pola separación de un ou máis dos municipios mancomunados.
2)
O acordo de disolución conterá ó menos o seguinte:
a)
A forma na que se ha de proceder á liquidación do patrimonio
da Mancomunidade.
b)
A subrogación de cada un dos municipios mancomunados nos seus
bens, dereitos e obrigas, na proporción que corresponda en relación
ás súas aportacións.
c)
A nova adscripción que teña que darse ó persoal.
|