| Axudas a Contratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento local
A Consellería de Traballo publicou o pasado mércores 16 de setembro a Orde pola que se establece a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o ano 2009.A citada Orde establece a normativa aplicable para a solicitude e prórroga dos axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán os seus servizos nas entidades locais e organismos dependentes daquelas, que son os beneficiarios das subvencións.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 16 de outubro e os gastos subvencionables serán o 80% dos custos salariais totais incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.
Máis información sobre a convocatoria e a tramitación de solicitudes na orde da convocatoria ou no seguinte enlace web da Xunta de Galicia:
|