A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
 Notas de prensa      Identidade corporativa
Buscar  
22 Novos Certificados de Profesionalidade

Lista Novos Certificados de Profesionalidade

Co obxecto de acreditar as cualificacións profesionais con carácter oficial e validez no territorio nacional, O Ministerio de Traballo, segundo o Real Decreto 34/2008 do 18 de xaneiro, publica no Boletín Oficial do Estado dos días 5, 6, 21, 22, 24, 25, 26, 27 e 28 de agosto de 2009 vinte e dous novos Certificados de Profesionalidade incluídos no Repertorio Nacional correspondentes ás seguintes Familias Profesionais: Informática e comunicacións (Real Decreto 1218/2009, de 17 de xullo), Actividades físicas e deportivas (Real Decreto 1209/2009, de 17 de xullo), Agraria (Real Decreto 1211/2009, do 17 de xullo), Edificación e obra civil (Real Decreto 1212/2009, do 17 de xullo), Artes Gráficas (Real Decreto 1213/2009, do 17 de xullo), Enerxía e auga (Real Decreto 1215/2009, do 17 de xullo), Fabricación mecánica (Real Decreto1216/2009, do 17 de xullo), Industrias Extractivas (Real Decreto 1217/2009, do 17 de xullo), Hostalaría e Turismo (Real Decreto 1256/2009, do 24 de xullo).

As especialidades publicadas por familias profesionais son:

Familia Profesional Informática e comunicacións: Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos (nivel 1).

Familia Profesional Actividades físicas e deportivas: Guía por itinerarios en bicicleta (nivel 2).

Familia Profesional Agraria: Actividades auxiliares en floraría (nivel 1), Xestión da instalación e mantemento de céspedes en campos deportivos (nivel 3), Aproveitamentos forestais (Nivel 2), Cría de cabalos (nivel 3) e Xestión da produción agrícola (nivel 3).

Familia Profesional Edificación e obra civil: Fábricas de albanelaría (nivel 2), Representación de proxectos de edificación (nivel 3) e Representación de proxectos de obra civil (nivel 3).

Familia Profesional Artes Gráficas: Impresión dixital (nivel 2) e produción editorial (nivel 3).

Familia Profesional Enerxía e auga: Organización e proxectos de instalacións solares fotovoltaicas (nivel 3).

Familia Profesional Fabricación mecánica: Operacións auxiliares de fabricación mecánica (nivel 1), montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial (nivel 2), deseño de produtos de fabricación mecánica (nivel 3), fabricación e montaxe de instalacións de canalización industrial (nivel 2).

Familia Profesional Industrias Extractivas: Operacións auxiliares en plantas de elaboración de pedra natural e de tratamento e beneficio de minerais e rochas (nivel 1), Elaboración da pedra natural (nivel 2), Extracción da pedra natural (nivel 2).

Familia Profesional Hostalaría e Turismo: Servizos de bares e cafetarías (nivel 2), servizos de restaurante (nivel 2).

Podes consultar o contido dos certificados de profesionalidades na web.

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org