| A Xunta Avala as Empresas Galegas
A Xunta de Galicia a través do Igape ven de aprobar dous plans para as empresas, microempresas e autónomos galegos por un valor de 150 millóns de eurosA Xunta de Galicia a través do Igape ven de aprobar dous plans para as empresas, microempresas e autónomos galegos por un valor de 150 millóns de euros que lles dotarán de circulante suficiente e liquidez para poder xerar novas operacións. As medidas estarán en funcionamento a finais deste mes e son as seguintes:
· Avais para créditos de ata 3,5 millóns:
Este primeiro plan mobilizará garantías de pago por importe de 100 millóns de euros, e permitirá o acceso a liñas de financiamento adicional ás empresas mediante liñas de crédito, de desconto, así como para o adianto de efectos comerciais e de xestión de pagos a provedores. O Igape tramitará a documentación nun prazo de 25 días agardando que o proceso se complete nun máximo de 45 días aproximadamente.
· Plan para microempresas e autónomos:
O segundo plan mobilizará liñas de acceso a circulante para as microempresas e os autónomos con aval dunha sociedade de garantía recíproca con garantías de pago por importe de 50 millóns. As características de financiamento fixan un importe de entre 3.000 e 40.000 euros e a súa instrumentalización producirase tamén a través da póliza de crédito ou de préstamo, cun prazo de tres anos, superando nun ano o prazo establecido no primeiro plan. A Xunta agarda que as tramitacións tamén conclúan en 45 días.
|