A Mancomunidade     UPD      SAE      Proxectos      ServiciosMapaE-MailInicio
 Notas de prensa      Identidade corporativa
Buscar  
Real decreto para autónomos, cooperativas e sociedades laborais

Como consecuencia da crise económica o sector dos autónomos, que ten unha especial importancia no desenvolvemento económico do pais, está rexistrando especiais dificultades polo que este Real Decreto (RD 1300/2009 do 31 de xullo) ven a establecer medidas de especial impacto para o desenvolvemento tanto dos empresarios autónomos como das empresas participadas por socios traballadores, cooperativas e sociedades laborais.

Así, nun primeiro termo mellóranse as condicións de abono e acceso na prestación do desemprego por pago único, e polo tanto supérase a limitación temporal de 24 meses de contratación previa para poder acceder a condición de socio traballador dunha cooperativa ou sociedade laboral.

Tamén se amplía o porcentaxe de abono da prestación ata un 80% para os homes menores de 30 a mulleres menores de 35 anos que desexen converterse en traballadores autónomos.

A outra medida importante que regula o Real Decreto é a bonificación dun 50% nas cotas da seguridade social do primeiro traballador indefinido que contrate o empresario autónomo durante un período mínimo de 24 meses. Esta medida ten como finalidade estimular entre este colectivo empresarial a contratación de traballadores.

Para mais información consultar o texto íntegro do Real Decreto no seguinte enlace:

MAIV.ORG        A Mancomunidade | UPD | SAE | Proxectos | Servicios         Inicio | Mapa da web
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org