|
Definición:
Contrato polo que dúas ou máis persoas poñen en común capital ou bens, co propósito de repartir entre si as ganancias |
|
Normativa:
Código de comercio en materia mercantil. Código civil en materia de dereitos e obrigas |
|
Características:
-
A comunidade de bens/sociedade civil non ten personalidade xurídica propia, réxese polo Código de Comercio en materia mercantil e polo Código Civil en materia de dereitos e obrigas.
-
Para a súa constitución requírese a existencia dun contrato privado que debe incluír unhas mínimas normas de procedemento interno.
-
No contrato establecerase o capital ou bens achegados por cada un dos comuneiros/socios, sen que sexa necesaria unha achega mínima.
-
A comunidade/sociedade civil constituirase mediante escritura pública cando se aporten bens inmobles ou dereitos reais.
-
Esíxese un mínimo de 2 socios.
-
A responsabilidade fronte a terceiros é ilimitada. |
|
Réxime Fiscal:
Os socios comuneiros están dentro do ámbito do IRPF |
|
Seguridade Social:
Réxime especial de autónomos |
Libros
Adquisición e legalización do libro de Visitas
No caso de estimación directa simplificada:
Libro de ingresos
Libro de gastos e bens de investimento
No caso de estimación directa normal:
Libros de contabilidade axustados ó Código de Comercio e Plan Xeral Contable
|