Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Corredoiros Ecofluviais

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Transfronteirizo
Localización: Extremadura
Entidade promotora: Ãrea de desarrollo local da Deputación de Badajoz
Data inicial: 01/12/2003
Data final: 31/12/2005
Sector: Municipios localizados nos enclaves afectados, empresas de turismo medioambiental e todas as persoas que queiran gozar da calidade medioambiental dos entornos fluviais da provincia.
Obxectivos: Ofrecer á poboación das áreas implicadas no proxecto infraestructuras recreativas, a fin de mellorar e subsanar as necesidades de ocio.
Fomentar o intercambio de coñecementos e as relacións entre os habitantes de ambas rexións xeográficas utilizando como vector os corredores ecofluviais.
Sensibilizar e difundir entre a poboación a conciencia de que as areas fluviais extremeño-alentexanas teñen unha elevada calidade medioambiental para que poidan contribuir á súa conservación.
Fomentar o gusto e a afición polas tradicións relacionadas co aproveitamento da auga en toda a poboación, en especial cos nenos e xoves e persoas con maiores dificultades para acceder a elas.
Promocionar as empresas e a economía relacionada co sector turístico das localidades emprazadas nas áreas fluviais a través de técnicas e campañas promocionais e informativas.
Potenciar e contribuir á conservación e ao coñecemento do patrimonio cultural, especialmente a aquel relacionado coa denominada "cultura da auga".
Establecer contactos entre institucións públicas e privadas, de ambos países no referido ao medio acuático, á conservación mediaombiental, á difusión e promoción cultural e tradicional e outros temas afíns.
Resumo: Desenvolvemento dunha serie de actuación en áreas emprazadas nas cuncas fluviais de varios ríos de Badajoz e do Alto Alentexo portugués para contribuir ao desenvolvemento local deste territorio mediante a dinamización social e cultural nunha variedade de orientacións que xiran en torno a todos os aspectos relacionados co medio acuático, os seus usos tradicionais e a natureza. Para iso, prevese a restauración de elementos patrimoniais, etnográficos e históricos relacionados co medio acuático, a sinalización de rutas e a súa dotación con infraestruturas, a creación de centros de interpretación madiambientas e a sensibilización, promoción e divulgación entre a poboación.
Financiamento: 75% FEDER.
25% as 5 cámaras municipais portuguesas e a deputación de Badajoz.
Resultados: Ata o momento: Creación de 8 centros de interpreración nos 8 concellos das tres comarcas fronteirizas de Badajoz, 2 rutas por cada concello (16 rutas) en Badajoz.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org