Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Rede andaluza de escolas de empresas

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Autonómico
Localización: Andalucía
Entidade promotora: Fundación red andaluza de economía social
Data inicial: 01/01/1999
Data final: -
Sector: Mocidade do mundo rural.
Obxectivos: Facilitar a posta en marcha de empresas de economía social por parte da mocidade que proveña do mundo rural.
Mellorar a formación das persoas emprendedoras.
Facilitar as instalacións a novas empresas.
Resumo: O Programa Red Andaluza de Escuelas de Empresas, xestionado pola Fundación Red Andalucía Emprende, facilita aos mozos emprendedores andaluces a posta en marcha das suas propias empresas a través dun plan combinado de formación teórico-práctica en xestión empresarial: reciben a formación para a posta en práctica da sua idea empresarial ao mesmo tempo que crean a súa propia empresa. Por outra parte, o Programa conta cunha infraestructura de máis de 54.000 metros cadrados entre naves industriais e oficiñas en toda Andalucía, destinados a ofrecer aloxamento empresarial durante tres anos a novos proxectos empresariais.
A formación teórica impártese na mesma Escola de Empresas ou en modalidade e-learning. Na formación práctica, distintos expertos analizan as diversas situacións que se van producindo no desenvolvemento das empresas, aplicando as solucións de forma real e no día a día.
O Programa ofrécelles, ademais, un plan de seguemento especializado e continuado que fortalece e consolida a empresa na sua primeira etapa, o que sitúa o índice de supervivencia empresarial destas sociedades moi por riba da media.
Financiamento: As fontes de financiamento saen das arcas da Junta de Andalucía a través da convocatoria de subvencións para promover a economía social.
Resultados: No ano 2004:
19,226 servizos prestados.
534 novas empresas creadas e adscritas ó programa.
2,383 novos empregos creados, dos que 51% mozos menores de 35 anos e 26% mulleres.
54.722 horas de formación impartida.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org