Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Plan de Desenvolvemento Turístico de Euroeume

Categoría: Turismo
Ámbito: Comarcal
Localización: Galicia
Entidade promotora: Euroeume
Data inicial: 01/01/1998
Data final: -
Sector: O Plan de desenvolvemento Turístico (PDT) inclúe actuacións dirixidas os diferentes actores económicos e institucionais dos concellos que integran Euroeume así como á poboación en xeral.
Obxectivos: O PDT inclúe 9 estratexias: Interpretación territorial e posta en valor dos recursos; Creación de nova oferta turística; Mellora da competitividade da oferta actual; Mellora do destino turístico; Mellora da calidade; Sensibilidade e dinamización da poboación total; Formación e reciclaxe; creación de produtos; promoción e comercialización.
Resumo: A intención é desenvolver e promocionar unha oferta combinada de turismo rural e turismo industrial, na que o turismo industrial preséntase como unha actividade complementaria para o descubrimento e goce do territorio (unha das queixas principais dos consumidores do turismo rural en Galicia é a escaseza de oferta de actividades complementarias organizadas). A oferta de turismo rural proporcionará os servizos básicos de aloxamento en casas rurales e albergues, restauración (a través da rede de Cantinas do Eume que se está creando e doutros restaurantes da zona) e das rutas temáticas relacionadas co patrimonio artístico e a natureza.
A combinación de ambos tipos de turismo busca reforzar e diversificar a oferta, promocionando o territorio na súa globalidade, para lograr o que é fundamental en calquera estratexia turística: prolongar a duración da estancia dos visitantes cunha ampla porcentaxe de pernoctacións na zona.
Financiamento: O financiamento correu a cargo do LEADER +.
Resultados: Leváronse a cabo actividades relacionadas co turismo rural, a creación da imaxe turística de Euroeume, etc. Pero non se levaron a cabo as inciativas relacionadas co turismo industrial, segundo nos informaron en Euroeume e en Eumeturismo.
Agora as diferentes iniciativas levadas programadas no eido do turimo industrial están sendo asumidas individualmente polos concellos, como o das Pontes, que está a pór en marcha a Casa da Enerxía ou o concello de A Capela co Museo da Auga.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org