Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Rede Verde do Arco Mediterráneo

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Transfronteirizo
Localización: Andalucía
Entidade promotora: Junta de Andalucía
Data inicial: 01/01/2002
Data final: 31/12/2004
Sector: Poboación en xeral.
Obxectivos: -Satisfacer a demanda social de espazos abertos para ocio e deporte ó aire libre.
-Promover outras formas de desprazamento non motorizado estimulando a intermodalidade de transportes.
-Establecer unha nova relación entre campo e cidade introducindo connotacións ambientais no deseño das cidades.
-Recuperación, mantemento e posta en valor dos bens de dominio publico e/ou patrimonio natural e cultural.
-Desenvolvemento sostible apoiado no ecoturismo e creación de servizos.
-Diversificar a oferta turística favorecendo o fluxo de zonas saturadas (p. ex.costeras) a outras pouco explotadas (p. ex. Interior).
-Dinamización e diversificación socioeconómica de zonas rurais, periurbanas e degradadas.
-Creación de corredores verdes que conecten espaxos naturais singulares, con especial incidencia nos incluidos na Rede Natura 2000.
-Constituír un soporte idóneo para a educación ambiental.
-Favorecer a biodiversidade. Moitos tramos da Rede reunirán condicións para ser considerados auténticos corredores ecolóxicos.
Resumo: O Proxecto Rever Med é unha aposta firme a prol do desenvolvemento dunha rede verde de vías de comunicación destinadas ao transporte non motorizado ao longo do arco Mediterráneo Occidental Europeo. A rede terá unha lonxitud de máis de 10.000 km e conectará o sur de Portugal co sur de Italia atravesando as rexións mediterráneas de España e Francia. Coa participación de 27 administraciones públicas e 4 socios técnicos, Rever Med toma o relevo do proxecto Rever Norte realizado polos socios de países do espazo Amno (Ãreas Metropolitanas del Noroeste), co obxectivo de completar a Rede Verde Europea.
A rede verde estará constituida por vías verdes, vías pecuarias, camiños de servizo fluviais e canais, carriles bici, camiños rurais e estradas de escaso tráfico que cumplan os preceptos recollidos na metodoloxía do proxecto.
Financiamento: INTERREG IIIB 1.234.412 euros.
Entidades participantes 999.505 euros.
Resultados: Realización dun inventario de camiños, vías pecuarias, canais e vias ferreas abandonadas.
Creación dunha rede de socios transnacionais.
Creación dunha base de datos sobre soporte GIS que incorpora información práctica para os socios da rede.
Elaboración dun plan director que marca os principais eixos de actuación do proxecto.
Construción dunha rede de máis de 10.000 km que vai dende o sur de Italia ata o Sur de Portugal, pasando por Francia.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org