Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Plantas curativas ao pé do camiño de Santiago

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Local
Localización: Galicia
Entidade promotora: Milhulloa S.C.G.
Data inicial: 01/05/2001
Data final: -
Sector: Público en xeral.
Obxectivos: Conseguir alternativas de emprego para a xuventude no medio rural.
Resumo: Cultivo de plantas mediciñais para venda nos mercados locais. A idea xurdiu, en realidade, por obrigación: primeiro porque eran tres titulados universitarios en paro, e segundo, porque se apuntaron a un curso para muller emprendedora (elas dúas, Chusa e Carmela) onde tiñan que presentar un pequeno anteproxecto de empresa, no que Xaquín tamén colaborou. Loxicamente, houbo que pensar en algo; a ver..., ¿que poderían facer unha titulada en Bioloxía, outra en Farmacia e un en Ciencias Empresariais, que non teñen un gran capital, pero que poden dispor dalgunhas terras?. Dándolle voltas ao asunto, deron co temadas plantas mediciñais, e logo viron que non era tan mala idea.
Financiamento: A través dos promotores e dalgunha subvención.
Resultados: Ao principio contaban con vender a produción ás grandes distribuidoras, pero estas pedíanlles unha elevada cantidade, inabordable para eles tres. Pero isto, en vez de prexudicalos, favoreceunos, xa que tiveron que adiantar a idea que tiñan para o futuro de comercializar eles as plantas, despois dunha certa elaboración. Dende entón non paran de buscar ideas, investigar e elaborar produtos novos. Comezaron a preparar saquiños de infusións, e, despois seguíronlle diversos produtos de cosmética e saúde para a pel. Os peregrinos do Camiño Francés a Santiago, que pasa ao pé da casa, son un punto clave do negocio en Milhulloa.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org