Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Banco de terras

Categoría: Pesca e Agricultura
Ámbito: Local
Localización: Galicia
Entidade promotora: Concello de Sober
Data inicial: 01/12/2005
Data final: -
Sector: Agricultores.
Obxectivos: Dinamizar a explotación de zonas agrícolas en situación de abandono.
Resumo: Procederase a adxudicación de catro hectáreas de terreo que conseguiu reunir o concello na parroquia de Proendos, nunha primeira fase do proxecto. Esta superficie será arrendada para a súa explotación, dentro dun único lote, por algún dos cinco agricultores que se presentaron ao correspondente concurso municipal. As condicións da zona elexida para iniciar o banco de terras son óptimas para o cultivo de cereais ou forraxe. O periodo de arrendamento das fincas será ao menos de seis anos. Unha vez finalizado o primeiro contrato, existe a opción de firmar prórrogas de tres anos, sen límite temporal, non obstante, os propietarios dos terreos poderán exercer sobre eles o dereito de recuperación ao térmo de cada prórroga. Polo que respecta aos prezos que se pagarán aos propietaros das parcelas, foron fixados en función das características de cada terreo. Nas fincas cultivadas, con prado e en terreos limpos, o canon anual é de 125 euros por hectárea. A cuota baixa a 100 euros anuais nas fincas con predominio de herba e algunha maleza leñosa ( xesta , toxo). Se predomina ésta, a taxa é de 75 euros ao ano.
Financiamento: Concello de Sober.
Resultados: Terras que levaban decenas de anos a monte, comezaron a ser aradas na Parroquia de Proendos, como parte do proxecto experimental de banco de terras que puxo en marcha o Concello de Sober. Neste banco de terras quedaron agrupadas perto de corenta fincas que suman en total unha superficie que ronda as cinco hectáreas e media de terreo. Cinco persoas amosáronse interesadas en alugar esta superficie. Finalmente adxudicóuselle a dous veciños da parroquia de Proendos que formaron para iso unha sociedade e que son titulares dunha explotación gandeira. A actividade agraria é a sua actividade principal que era tamén o requisito que se pedia no concurso convocado para alugar estas terras.
O concello de Sober prepara outro banco de terras na parroquia de Neiras.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org