Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Xestión integral de residuos pesqueiros

Categoría: Pesca e Agricultura
Ámbito: Comarcal
Localización: Galicia
Entidade promotora: Fundación comarcal do Salnés
Data inicial: 01/01/2002
Data final: 31/12/2003
Sector: O sector pesqueiro.
Obxectivos: Evitar o gran impacto sobre os ecosistemas mariños e sobre os recursos pesqueiros dos residuos producidos no sector.
Reducir o verquido incontrolado de residuos e recuperar certos materiais.
Optimizar a recollida selectiva de residuos.
Evidenciar a participación activa dos colectivos interesados ambiental e economicamente no proxecto.
Adaptarse á lexislación medioambiental da UE e promover iniciativas de desenvolvemento sostible.
Resumo: O principal obxectivo do proxecto é desenvolver unha experiencia piloto para a xestión integral dos residuos pesqueiros (problemáticos, perigosos e demais fraccións) producidos nas embarcacións e nos portos da Comarca do Salnés, mediante a implicación e coordinación das diferentes entidades participantes (14 entidades).
Para alcanzar a devandita finalidade creouse unha Estrutura Organizativa constituída polas 14 entidades (Mancomunidade, Concellos, Confraría de pescadores, Autoridade Portuaria e Fundación Comarcal). Posteriormente realizouse un Estudo da Xestión dos Residuos nos portos da comarca do Salnés (Fase inicial, fase de propostas de xestión, fase de seguimento e fase final) quedando interrompido durante a catástrofe do Prestige.
Finalmente, en decembro de 2.003, construíronse 12 Ecopuntos Portuarios nos diferentes portos da Comarca do Salnés (Portos de: Sanxenxo, Portonovo, Meloxo, O Grove, San Tomei, Tragove, O Xufre, O Campo, Vilanova, As Sinas, Carril, Autoridade Portuaria, Vilaxoán). Estes Ecopuntos Portuarios están dotados con 13 colectores para a colleita selectiva de:
1.-Residuos Perigosos: palets de retención cor azul para baterías, arcón negro para pinturas e disolventes, colector verde para fluorescentes, colector vermello para pilas, arcón gris para produtos de limpeza. Estes colectores para residuos perigosos están cubicados dentro dunha gaiola metálica cor azul. Colector homologado para recolleita de aceites usados (MARPOL)
2.-Residuos Problemáticos: cesto metálico para redes, cabos, cordas, restos de aparellos; colector grande metálica cor amarela para caixas de plástico, pneumáticos, chalecos salvavidas, embalaxes, ferro, roupas de augas, etc... Colector grande metálica cor marrón para madeira, palets de madeira.
3.-Fraccións similares a urbanos: Iglú para vidro, colector para papel e cartón, colector para plásticos, bricks e latas, colector para materia orgánica.
4.-Colectores para embarcacións: Entregáronse distintos tipos de bolsas, colectores de proba de 20 e 40 litros e colectores de 1 litro para pilas. Desde o inicio observouse saturación de residuos nos colectores en todos os ecopuntos instalados, aínda que sen unha correcta utilización dos colectores.
A produción de residuos neste primeiro semestre do ano 2004, roldou as 2,5 Tm/día no conxunto dos portos participantes no proxecto. Este sistema de recolleita selectiva favorece o posterior reciclado dos residuos.
En relación ao Programa de Difusión e Sensibilización elaborouse a páxina web www.ecopesca.org; CDS e Vídeos, unidades didácticas, accións de sensibilización en centros educativos e confrarías, realizáronse cursos de formación, seminarios e charlas, spots televisivos, cuñas de radio, elaboración de diferente material divulgativo ( trípticos, libriños, paneis, plotters), difusión en stand da Feira IFAT de Alemania e na World Fishing Exhibition de VIGO, e finalmente realizamos intercambio de experiencias con outros portos e localidades con problemáticas similares.
Financiamento: O financiamento correu a cargo da UE (a través do proxecto LIFE-Medio Ambiente) e da Mancomunidade do Salnés.
Resultados: Creación dunha estrutura organizativa na que están implicadas as 14 entidades que participan no proxecto.
Realización do Estudo inicial da Xestión dos Residuos Pesqueiros na Comarca do Salnés.
Elaboración dun plan de Acción e seguimento do proxecto.
Construción de 12 ecopuntos portuarios en 12 portos da comarca do Salnés.
Realización de cursos de formación e campañas informativas a través de CDs, videos e folletos.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org