Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Axenda 21 local

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Comarcal
Localización: Galicia
Entidade promotora: Mancomunidade do Salnés
Data inicial: 01/07/2000
Data final: -
Sector: Poboación local.
Obxectivos: A elaboración da Axenda 21 por un Concello implica os seguintes principios, como obxectivos básicos:
- Conservar a calidade do aire, auga e solo de maneira que permitan soster no tempo a vida humana e o seu benestar á vez que a vida de animais e vexetais.
- Minimizar as emisións de contaminantes ao aire, auga e solo de maneira que non se exceda a capacidade natural de estes para absorbelos e procesalos.
- Manter e fortalecer a diversidade biolóxica (nº de especies e abundancia de especies animais e vexetais).
- Diminuír o ritmo de consumo dos recursos non renovables e situar, no seu caso, o consumo dos recursos renovables nun nivel que permita, precisamente, a súa renovación.
- Mellorar as condicións do entorno urbano e garantir ás funcións sociais e económicas dos núcleos de poboación.
- Promover a igualdade e a xustiza social.
Resumo: É o nome que se lle deu a un "Programa global para o desenvolvemento sostible no século XXI" xurdido da "Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento sostible" celebrada en Río de Janeiro en 1992.
A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plan Estrutural ou Plan de Acción Local.
A Axenda Local 21 persegue a transición cara a SOSTIBILIDADE LOCAL o cara o DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. Isto é, a mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás dun concello de tal modo que se integre:
- A supervivencia e o respecto polo entorno (SOSTIBILIDADE AMBIENTAL).
- A necesidade de equidade ou xustiza social (SOSTIBILIDADE SOCIAL).
- O equilibrio económico (SOSTIBILIDADE ECONÓMICA).
Tódolos axentes implicados, grupos de interese e colectivos cidadáns deben participar na:
- Adopción dos criterios de sostibilidade.
- Definición das ESTRATEXIAS e ACCIÓNS a desenvolver no concello que sexan tendentes á sostibilidade local.

Unha Axenda 21 dun concello é un documento que recolle de forma ordenada ideas e medidas para alcanzar un desenvolvemento sostible no concello no século XXI. É un sistema no que as autoridades locais traballan na asociación con tódolos sectores da comunidade local para prepara-los plans de acción para aplicar a sostibilidade a escala local. É un proceso aberto e participativo.
Calquera Axenda 21 deberá ter en conta entre outros os seguintes principios:
- Participación de tódolos sectores sociais: organizacións cidadás, de traballadores, de comerciantes, educativas e grupos de interese, que elaboren un documento consensuado, xunto co goberno local.
- Aplicación transversal dos Programas: A acción medioambiental ten que repercutir en tódolos ámbitos do concello: escolas, empresas, fogares, a responsabilidade é de todos.
- Accións a longo prazo: os problemas medioambientais máis importantes teñen solucións moi lentas, por iso débese pensar en actuacións que teñan os seus froitos nas próximas xeracións aínda que tamén en accións con resultados inmediatos.
- Avaliación constante: Os programas deben revisarse anualmente, e si fose necesario, modificarse.

A Mancomunidade do Salnés, integrada polos Concellos de A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, súmase a este proceso de desenvolvemento sostible coa elaboración dunha Axenda 21 Local, na que se definirán un conxunto de prioridades e criterios de actuación que permitan enfocar o modelo de desenvolvemento municipal cara a pautas de máximo respecto ó medio e de máxima mellora de calidade de vida dos seus cidadáns.
Desta forma, trasládase aos principais axentes da Mancomunidade e a un grande número de cidadáns a responsabilidade e o compromiso de ditar e asumir os principios de desenvolvemento sostible no mesmo, así como o deber de mantelos no tempo e facer o posible por levalos á práctica.
Financiamento: O financiamento corre a cargo da Mancomunidade do Salnés, da Fundación Comarcal do Salnés e da Consellería de Medio ambiente.
Resultados: - Elaboración dunha páxina web.
- Realización dunha auditoria ambiental da comarca do Salnés.
- Elaboración dun plan de participación cidadá.
- Elaboración dun plan de acción.
- Deseño dun plan de seguemento.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org