Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Transformación e comercialización de productos agrarios no Val do Ese-Entrecabos

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Comarcal
Localización: Asturias
Entidade promotora: Centro de Desenvolvemento Rural Valle do Ese-Entrecabos
Data inicial: 01/01/2002
Data final: 31/12/2007
Sector: Pequenos empresarios da comarca vinculados a diferentes sectores, en especial forestal, produtos cárnicos e leite.
Obxectivos: Propiciar a diversificación agraria a través da:
- Creación de empresas e mellora da competitividade das existentes, especialmente aquelas que transforman ou usan materias primas locais.
- Xeración de emprego.
- Cursos formativos en empresas do sector e/ou específicos para promotores que comencen a súa actividade.
- Implantación de sistemas de calidade certificada que integren calidade e medio ambiente (ISO 9000+ISO 14000).
Resumo: O territorio onde se desenvolve o proxecto é unha comarca Vaqueira, zona catalogada de alta montaña, con moita dispersión da poboación e baixa densidade. Rexístraxe un aumento das actividades de servizos e unha diminución das actividades agroganderias, aínda que continuan tendo relevancia.
O proxecto pretende eliminar o déficit de capacidades das empresas de diversificar actividades e completar os ciclos produtivos de transformación e comercialización dos produtos de tres sectores en especial: madeiras, carne e leite. No caso da madeira apoiase a creación de cooperativas de servizos silvícolas (limpeza, tala, etc.) e a derivación de actividades relacionadas co medio ambiente, tamén o apoio na implantación de actividades de 1ª e 2ª transformación da madeiras.
- Creación da Feira Astur Foresta.
- Ampliación de actividades en empresas de chacinaria e carnizaria, comercialización directa a hostalaria.
- No sector do leite, impulso da transformación no ambito local.
- Creación da D.O. Queixo Afuega`l Pitu.
Financiamento: O financiamento das diferentes actividades corre a cargo da inciativa Leader Plus.
Resultados: - Creación de empresas, amplicación de empresas xa existentes coa introdución de novas actividades (os exemplos inclúense no documento adxunto).
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org