Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Marca de Calidade Territorial

Categoría: Desenvolvemento Territorial
Ámbito: Estatal
Localización: -
Entidade promotora: Marca de Calidad Territorial
Data inicial: 01/01/2005
Data final: -
Sector: Adminstración local, microempresas e Pemes de diferentes sectores (Turismo, agroalimentaión, artesanía, minaría, textil confección, pemes e pequena industrias de servizos).
Obxectivos: Obxectivo xeral:
- Deseñar unha estratexia de desenvolvemento rural cumprindo parámetros que afectan á calidade económica, ambiental e social, é decir, á sostenibilidade do territorio, para facelos mais competitivos, estabilizar poboación e mellorar o nivel de renda e emprego da mesma.
Para conseguir o obxectivo xeral cada Marca de Calidade Territorial debe:
- Dispoñer dos pregos de condicións que contemplen os parámetros de calidade resultantes da aplicación da calidade económica, social e medio ambiental.
- Definir unha estratexia en canto a calidade de producción ou servizo.
- Favorecer a organización das redes de distribución e comercialización dos produtos e servizos.
- Dispoñer dun dispositivo de Xestión e control da marca.
Resumo: A Marca de Calidade territorial é un proxecto integrador aberto a todos os territorios e aos seus habitantes. É unha proposta para todos os sectores, para o desenvolvemento público e privado.
A Marca de Calidade Territorial é a imaxen común de comarcas rurais auténticas que traballan nun proceso de desenvolvemento contando coa participación das institucións públicas, empresas privadas e todos os colectivos sociais, que ofrecen calidade nos seus produtos e servizos, cos principios e valores do respecto mediambiental, a calidade social no seu proceso de producción, con empresas e entidades comprometidas co territorio, sendo solidarias, cooperando entre elas e traballando pola identidade. É a imaxe común de comarcas con calidade rural que traballan en cooperación para conserguir un verdadeiro desenvolvemento rural sotible, equilibrado e integrador dos territorios.
A marca de calidade aplícase a unha ampla gama de productos do sector agroalimentario (repostaría, chacinaría, conservas, medeira, hortalizas, etc.); Servizos (hoteis, casas rurais, campings, guías, restaurantes, etc.); Patrimonio (aldeas, cascos históricos, museos, igresas, castelos, ríos, fontes, muiños, etc.).
Son elementos claves para acadar a Marca de Calidade Territorial:
- A elaboración e posta en marcha dun concepto de identidade aglutinador.
- A revalorización dos elementos desa identidade.
- Sensibilización dos habitantes e dos axentes económicos e institucionais, aos que se lle convida a facer súa esa estratexia.
- Organización e explotación do concepto, que responde a un auténtico plan de producto.
- Comunicación e organización dun novo espazo de desenvolvemento arredor desa identidade.
Financiamento: Leader Plus.
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Junta de Andalucia.
Junta de Castilla e León.
Gobierno del Principado de Asturias.
Generalitat de Catalunya.
Xunta de Galicia.
Generalitat Valenciana.
Resultados: - Apoio da Iniciativa Leader Plus para o desenvolvemento desta estratexia innovadora.
- O Mapa e as consellerías de agricultura de 7 comunidades autónomas apoian a iniciativa.
- Integración de 9 comarcas na posta en marcha da marca de calidade.
- Realización de seminarios sobre establecemento de indicadores no sector turístico, artesanal.
- Establecemento de contactos para a estratexia trasnacional.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org