Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Centro de Recursos e Servizos integrais de Apoio á Empresa (CERSIA)

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Local
Localización: Galicia
Entidade promotora: Concello de Santiago de Compostela
Data inicial: 01/01/2007
Data final: -
Sector: Persoas demandantes de emprego, emprendedores e empresas.
Obxectivos: Espazo pensado para a prestación de servizos de asesoramento e asistencia técnica para demandantes de emprego, emprendedores e a pequena e mediana empresa.
Resumo: O Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa construirase preto do Estadio de San Lázaro e será un punto de encontro para emprendedores, empresas xa creadas, entidades sen ánimo de lucro e demandantes de emprego. O futuro Centro terá arredor de 1.500 metros cadrados e contará cun investimento de 1.160.000 euros.
O CERSIA estrutúrase en torno a tres ámbitos de actuación:
-Asesoramento técnico, formación e apoio económico serán os eixos centrais deste ámbito de actuación.
-A área empresarial e de promoción económica da zona contará cun servizo de asesoramento a empresas xa establecidas que queiran ampliar a súa actividade vía desenvolvemento de novos produtos e servizos ou ben vía a explotación dos seus produtos en novos mercados.
-A área de emprego contará con programas de inserción laboral e terá unha aula informática para a realización de actividades de formación específica. O Centro quere converterse en punto de referencia para a busca de emprego titorizada e máis para o desenvolvemento de programas de capacitación e actualización para os traballadores e empresas da cidade. Esta área tamén acollerá o Observatorio Local do Emprego.
Financiamento: As entidades que participan no financiamento son:
- Consellería de Traballo, a través do programa de EO/OE
- Deputación da Coruña.
- Concello de Santiago de Compostela.
Resultados: As instalacións están en construción e non comezará a funcionar ata principios do 2007.
O observatorio de emprego xa empezou a funcionar e a sacar estudos sobre o mercado de traballo.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org