Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Xestión enerxética sostible e consumo responsable nas instalacións municipais

Categoría: Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible
Ámbito: Local
Localización: Madrid
Entidade promotora: Ayuntamiento de San Fernando de Henares
Data inicial: 01/01/2001
Data final: 31/12/2003
Sector: Poboación en xeral.
Obxectivos: - Establecer un programa de aforro enerxético en edificios públicos e en alumnado exterior e instalación de sistemas de captación solar en edificios públicos diminuíndo o consumo enerxético convencional.
- Información a veciños e empresas sobre as posibilidades e usos da enerxía solar.
- Elaboración de normas legais (ordenanzas solares e fiscalidade branda).
- Desenvolvemento de cursos de formación laboral en instalación de sistemas de captación solar e eólica dirixidos a mozos/as sen formación laboral definida ou de reinserción social.
Resumo: Estratexias:
- Realización dunha auditoría enerxética en edificios públicos e alumeado exterior.
- Elaboración de plans de acción para o control do aforro enerxético nas fontes de consumo municipais.
- Elaboración de proxectos para a instalación de sistemas de captación solar fotovoltaicos de xeración de electricidade con inxección á rede.
- Elaboración de proxectos para a instalación de sistemas de captación solar térmica para o quentamento da auga sanitaria e outros servizos en edificios municipais.
- Redacción dunha Ordenanza Solar que regule a instalación de sistemas de captación solar fotovoltaica e térmica no municipio e outra de alumnado exterior, que regule as características do mesmo desde criterios de aforro e eficiencia dos sistemas, así como conseguir unha iluminación adecuada para os usos a que se destine.
- Realización dunha Casa de Oficios (Curso básico de formación laboral) sobre Formación de instaladores de sistemas de enerxías renovables.

Mobilización de recursos

Para este programa de actuacións utilizáronse basicamente recursos humanos municipais (técnicos, administrativos, responsables políticos, etc), así como de empresas privadas especializadas para a realización de programas específicos (auditoría, proxectos de instalacións solares). Para os cursos de formación de mozo contratáronse profesores especialistas nas materias a impartir.
Os recursos financeiros foron mobilizados dos orzamentos municipais e de programas de subvencións específicos da Comunidade de Madrid (administración autonómica da rexión).
Para a execución da auditoría enerxética e instalacións solares procedeuse á contratación de empresas privadas especializadas.
Financiamento: O financiamento do proxecto correu a cargo do concello e da Comunidad de Madrid, achegando o primeiro o 39,31% dos recursos e o segundo o 60,69%.
Resultados: -Terminouse a formación de 15 alumnos como instaladores de Sistemas de Enerxías Renovables. En proceso de oferta laboral con boas perspectivas de contratación a curto prazo en empresas do sector.
- Instalación de 40 kW pico de potencia en paneis fotovoltaicos de células de silicio (400 m2 de paneis) en cinco edificios municipais, un colexio e unha instalación illada nun parque público de 4 hectáreas. A xeración anual estimada dos sistemas é de 56.800 Kw�ora/ano.
- Instalación de 220 m2 de captadores solares térmicos para o quecemento da piscina municipal cuberta e Auga Quente Sanitaria.
- Tense un bo coñecemento da situación eléctrica dos centros de consumo municipais que permitirá adoptar decisións eficaces de aforro enerxético. As previsións de aforro enerxético pola aplicación dos plans de acción dimanados da auditoría estímanse en torno a 860.000 Kw�ora/ano.
- Redactáronse as Ordenanzas Solares e están en período de consulta e suxestións. Prevese a súa publicación en marzo de 2004.
- Procedeuse á modificación das Ordenanzas Fiscais nos termos expostos, a súa aplicación producirase a partir de xaneiro de 2004.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org