Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Parques para maiores

Categoría: Servicios Sociosanitarios
Ámbito: Comarcal
Localización: Andalucía
Entidade promotora: Grupo de desenvolvemento rural Los Vélez
Data inicial: 01/01/2005
Data final: -
Sector: Persoas maiores e con discapacidade.
Obxectivos: - Mellora da calidade de vida das persoas maiores e con discapacidade a través do apoio aos proxectos vinculados aos servizos sociais.
- Incentivar ás persoas maiores e con algunha discapacidade para que participen na vida da comunidade e se relacionen.
- Mellorar as condicións físcas destes colectivos.
Resumo: En dous parques do concello de Vélez-Rubio, onde cerca dun 33% da poboación ten máis de 65 anos de idade, instaláronse diferentes aparatos para realizar exercicios suaves de rehabilitación, dirixidos á poboación maior, persoas con discapacidade e poboación en xeral. Estes parques están situados estratéxicamente xunto a duas residencias de maiores (acollen a 134) e ás áreas infantís, permitindo a convivencia da poboación maior e infantil. Os dous parques están dotados con elementos necesarios para que estas persoas disfruten dun espazo lúdico e ao mesmo tempo realicen exercicios de rehabilitación aos que non poden optar en programas de fisioterapia públicos polo coracter crónico das suas enfermidades.
Financiamento: A través do PRODER e da Xunta de Andalucía.
Resultados: O centro de día do municipio organiza actividade dirixidas a maiores aproveitando as instalacións dos parques.
A boa acollida dos parques posibilitou a construcción dun novo centro de día que acollerá entre 250 e 300 persoas, e que pretende rentabilizar a inversión realizada.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org