Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Os Bancos do Tempo

Categoría: Servicios Sociosanitarios
Ámbito: Local
Localización: Cataluña
Entidade promotora: Asociación Salud y Familia
Data inicial: 01/02/1998
Data final: -
Sector: Poboación en xeral.
Obxectivos: Promover os intercambios entre as persoas da comunidade veciñal, fomentando os valores de cooperación e comunicación e activando a rede de solidariedade da propia comunidade, así como a participación social. Xerando actitudes positivas entre as persoas, aprendendo a dar e recibir; incidir nos mecanismos que fan da organización social do tempo e das diferenzas no seu uso un elemento de desigualdade de xénero; fomentar a integración da diversidade cultural e social no ámbito comunitario e promover a axuda mutua e o intercambio de experiencias.
Resumo: O Banco do Tempo é unha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar dun xeito comunitario os servizos de cooperación e solidariedade entre as persoas co propósito de mellorar a calidade de vida das mesmas. Así mesmo, o Banco do Tempo promove a modificación de actitudes para revalorizar o traballo do ámbito familiar e distribuílo dun xeito máis equitativo entre os homes e as mulleres. Por outra banda, esta iniciativa quere romper o illamento, a soidade da vida urbana, e crear un novo espazo capaz de compartir, de achegar ás persoas e intentar desenvolver na práctica os valores de anticonsumismo, de cooperación e de solidariedade. As persoas inscritas no Banco do Tempo intercambian servizos e actividades, e a unidade de intercambio e de valor é sempre a mesma para todos: o tempo. Os logros desta iniciativa consisten en que se dá maior visibilidade e valoración ás tarefas do ámbito persoal, o cal permite un cambio de actitudes e conciencia do reparto e organización do traballo doméstico, así como o fomento da cooperación entre os membros dunha mesma comunidade. Así mesmo, o Banco do Tempo desprende toda unha serie de valores colaterales de gran importancia e valor: intercambios interxeneracionais, mellora da calidade de vida, valores de dar e recibir, compartir, autoestima, maior relación interpersonal, integración social, altruismo e solidariedade.
Financiamento: Correu a cargo de dúas institucións: ajuntament de Barcelona e o Instituto de la Mujer.
Resultados: - Xera unha maior participación veciñal nos intercambios que a súa vez xera unha maior diversidade de servizos a intercambiar.
- Constitúe un instrumento para a conciliación da vida familiar e laboral, dado que permite unha descarga do tempo, sobre todo para as mulleres.
- Permite a consolidación dos bancos do tempo como ferramentas para conseguir actitudes positivas nas persoas e como marco de fomento dos intercambios.
- Mellora calidade de vida das persoas, cambios de actitude da cidadanía e promoción da igualdade de oportunidades quedan claramente reflectidos nesta iniciativa, promocionada grazas a coordinación e colaboración conxunta de diferentes organizacións e institucións locais.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org