Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Restauración de zona forestal queimada

Categoría: Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible
Ámbito: Comarcal
Localización: Baleares
Entidade promotora: Instituto Balear de la Natura (IBANAT)
Data inicial: -
Data final: -
Sector: Poboación en xeral.
Obxectivos: O obxectivo é o de favorecer a restauración da cuberta vexetal e extraer información para tratar outras zonas forestais que, eventualmente, poidan sufrir incendios.
O proxecto xorde tras un incendio forestal e tras observar o acontecido con outros dous (maiores) acaecidos 50 e 20 anos atrás. Nestes, a rexeneración da vexetación de forma espontánea conduciu a un incremento de plantas pirófitas, como o piñeiro e as jaras en detrimento doutras plantas autóctonas.
Ademais obsérvase que se xera moita maleza, o que dificulta o paso de animais e persoas e favorece o desenvolvemento de novos incendios.
Por iso formulouse realizar unha actuación que evitase este detrimento vexetativo.
Resumo: As accións realizáronse sobre unha superficie de 25,6 ha e en primeiro lugar fíxose unha retirada de madeira queimada a man, logo realizáronse cabalóns no terreo protexidos por parte das ramas e restos vexetais queimados para evitar a erosión. O traballo levouse a cabo en varias fases dependendo do terreo.
As zonas máis abruptas acondicionáronse a man e o resto, segundo as posibilidades con distintos tipos de maquinaria.
A idea dos traballos da primeira fase era, ademais de acondicionar o terreo e retirar a madeira queimada, limpar o exceso de rebrotes daquelas especies pirófitas que impedían o crecemento das que o teñen máis difícil.
Nunha segunda fase comezouse a repoboación, e fíxose con distintas especies:
Piñeiros (tanto pinus helepensis como pinus pinea) que provén dun viveiro de Ibiza xa que os piñeiros da illa constitúen un endemismo particular e non poden traerse doutras zonas.
Ademais (xa procedentes dos viveiros do IBANAT en Mallorca) plantáronse alfarrobeiras, cebuches, sabinas, carrasco, plantas arbustivas como o mirto ou arraián, o lentisco, a lavanda, o romeiro e o olivillo.
O máis importante do proxecto, dende o punto de vista da preservación do medio natural, foi actuar con rapidez para evitar a erosión e deter o rápido crecemento das plantas e brotadoras que favorecen novos incendios forestais.
Financiamento: 51.681,52 euros.
O 75% foi financiado con cargo a fondos LEADER.
Resultados: O máis difícil foi conseguir os piñeiros da illa de Ibiza, pero finalmente solucionouse. De feito dende o proxecto incrementouse a recollida de semente que se conserva para posibles necesidades futuras.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org