Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Ctpedia

Categoría: NN.TT. e Tic´s
Ámbito: Local
Localización: -
Entidade promotora: Ayuntamiento de Cartagena
Data inicial: 01/11/2007
Data final: -
Sector: Poboación en xeral
Obxectivos: Construír, de xeito progresivo, a maior base coñecementos sobre a cidade e a súa comarca coa colaboración dos cidadáns, que poderán achegar, cos seus recordos, datos sobre a nosa historia.
Resumo: A través da web municipal e da páxina 'www.ctpedia.es' pon a disposición dos cartageneros unha ferramenta para introducir
contidos, fotografías e vídeos relacionados con Cartagena, a súa historia e os seus costumes, con artigos que deberán ser orixinais e ter interese público, segundo informaron fontes municipais.
Para evitar que se colen "informacións ofensivas", todos os que queiran acceder e colaborar nesta web terán que estar empadroados e rexistrarse con nome de usuario, contrasinal e unha dirección de correo electrónico. Ademais, haberá cibervixiantes que velarán para que os contidos que cheguen á ctpedia sexan apropiados, evitando o vandalismo na rede, explican as fontes citadas.
Así mesmo, o Concello programou cursos gratuítos para axudar no manexo desta ferramenta, que se impartirán en centros de ensino e colectivos veciñais, ademais da particulares segundo a demanda que haxa. A enciclopedia interactiva arranca con 219 artigos estruturados por temas, e está xa operativa para que os cidadáns poidan empezar a subir os seus artigos.
Financiamento: O financiamento corre a cargo do concello de Cartagena
Resultados: Elaboración dunha wiki fácil de utilizar por tódolos públicos, onde todos poidan participar e deixar reflexo da sua aportación.
Có obxetivo de acadar dita premisa elaborouse plantillas e axudas de navegación, adaptando a plataforma para que os contribuintes poidan centrarse no contido sen requirir un coñecemento técnico específico.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org