Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Rego intelixente

Categoría: Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible
Ámbito: Local
Localización: Galicia
Entidade promotora: Concello de Ourense
Data inicial: 01/10/2007
Data final: -
Sector: Poboación en xeral.
Obxectivos: Os obxectivo principal é o de empregar un recurso básico e elemental, como é a auga, cun consumo riguroso, dando exemplo aos veciños do que é un consumo sostible.
Aproveitar os recursos hídricos e dar maiores facilidades aos traballadores do servizo para que poidan actuar desde onde se atopen, dándolle a unha tecla.
Resumo: Trátase dun sistema centralizado que xestiona todos os regos en tempo real desde calquera parte do mundo e a través dun ordenador, unha PDA ou un teléfono móbil, vía internet. Na cidade de Ourense, un total de 28 parques contan con este sistema pioneiro que alerta de posibles averías, cortes de auga e conta cun sensor de chuvia co que automaticamente se deixa de regar na zona para economizar auga.
Financiamento: O financiamento do proxecto correu a cargo da Unión Europea.
Resultados: Na actualidade un 40% das zonas verdes da cidade conta con este sistema de "rego intelixente", aínda que no futuro a intención é poder ampliar esta iniciativa a todos os parques e xardíns da cidade.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org