Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Rutas turísticas autoguiadas

Categoría: Turismo
Ámbito: Comarcal
Localización: -
Entidade promotora: GAL Integral
Data inicial: 01/05/2005
Data final: 31/12/2007
Sector: Todo tipo de turistas
Obxectivos: Potenciar a oferta turística da zona, ofrecendo actividades complementarias ás de hostalaría.
Resumo: Contexto
Nos últimos anos o desenvolvemento da actividade turística no territorio do Noroeste de Murcia-Río Mula foi unha constante. Neste sentido xa se pode contar con numerosos aloxamentos de turismo rural que foron proliferando. Conscientes da necesidade de desenvolver novas actividades na zona que complementen ao aloxamento que se foi consolidando nos últimos anos, o GAL Integral pretende apoiar as actividades complementarias, entre elas o senderismo. Os turistas moitas veces chegan á zona sen saber por onde se mover ou que non se atreven a desprazarse sen un guía por medo a perderse.
¿Como xorde?
O GAL Integral, e concretamente dende o telecentro deste grupo decídese poñer en marcha o proxecto de rutas turísticas autoguiadas grazas á aplicación da tecnoloxía do GPS para ofrecer un aliciente á actividade do senderismo.
Posta en marcha
Para a posta en marcha, os técnicos que xestionan o telecentro póñense en contacto cunha empresa navarra que conta con experiencia neste campo e que os asesora en canto á tecnoloxía máis axeitada, as rutas, a información de que deben dispoñer os usuarios do GPS, etc. Para o deseño dos percorridos con maior interese paisaxístico cóntase tamén coa participación do Decano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Murcia, Jose Mª Egea. Nunha segunda fase do proxecto adquírense PDA´s que se cargan con información, tanto a través de ortofotos, para seguir a ruta, coma con texto explicativo dos puntos máis emblemáticos; ademais de teléfonos para casos de emerxencia. Este proxecto, de carácter piloto, céntrase na Serra de Espuña e concretamente ofrece tres rutas autoguiadas. O proxecto, que se inaugurou o 13 de maio do 2005, está sendo xestionado por unha empresa de actividades da Serra de Espuña (Ecoespuña) que ademais do GPS, tamén ofrecen os seus propios guías para facer rutas pola serra. O mantemento dos PDA corre a cargo do telecentro de Integral.
Financiamento: O financiamento da acción correu a cargo dos fondos LEADER + manexados polo grupo de acción local.
Resultados: Coa aplicación do GPS para o turismo rural promóvese a actividade do sendeirismo xa que ofrece ao turista realizar rutas de xeito autoguiado grazas á posta en marcha das novas tecnoloxías, o que supón un complemento aos numerosos aloxamentos da zona. Por outra banda, este proxecto desenvolvido polo telecentro puxo ao servizo da rede de telecentros e xa o GAL Gordexola, seguindo esta iniciativa, vai poñer en marcha a aplicación do GPS onde se incluirán todos os recursos turísticos do seu ámbito territorial (aloxamentos, restaurantes, rutas, etc.).
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org