Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Plan de Dinamización Turística de O Salnés

Categoría: Turismo
Ámbito: Mancomunal
Localización: Galicia
Entidade promotora: Mancomunidades de O Salnés
Data inicial: 01/01/2003
Data final: 31/12/2006
Sector: Poboación en xeral
Obxectivos: Os obxectivos principais do Plan son:
-Organizar a estrutura de destino turístico do Salnés a partir da coordinación dos diferentes interesese municipais.
-Xerarquizar e estruturar a oferta do Salnés priorizando os criterios temáticos.
-Definir unha imaxe e identidade corporativa homoxénea.
-Crear e/ou fortalecer un órgano de xestión turística do Salnés con capacidade de decisión, planificación e execución.
-Cambiar cara á calidade en todos os aspectos do destino (planificación e xestión, oferta, promoción e comercialización) a través dun plan integras para a calidade e a mellora contínua do turismo no Salnés, que incorpore a cultura da calidade a través da formación, a sensibilización e o apoio técnico coordinado.
Resumo: No ano 2002 os Concellos da Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, unidos polo agán de consolidar e consensuar o turismo como unha das principais fontes de riqueza e valoración social e cultural da Comarca do Salnés, decidiron potenciar unha serie de acción en común. Entre estas acción desenvolvérouse a redacción do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés e a solicitude dun Plan de Dinamización Turística como marco de financiamento e ordenación operativa do destino turístico O Salnés.
A principios do 2003 aprobouse a concesión do Plan de Dinamización Turística do Salnés para os anos 2003 e 2006, ratificado no Consello de Ministros.
O Plan de Dinamización Turística do Salnés executouse a través da figura do Padroado para o desenvolvemento do Plan de Dinamización Turística do Salnés que é un organismo autónomo de carácter administrativo da Mancomunidade do Salnés con persoalidade xurídica propia.
Financiamento: O orzamento do Plan de Dinamización Turística do Salnés foi de 3.858.000 euros, cofinanciado a partes iguais polo Ministerio de Economía, a Xunta de Galicia e os concellos a través do Padroado
Resultados: Accións levadas a cabo:
-Accións comúns: accións para a mellora do produto e a claidade en destino, plna para o Sistema de Información Turísitca do Salnés, actividades formativas, promoción e comercialización do destino turístico O Salnés.
-Accións por Concellos: rehabilitación de patrimonio, mellora do entorno turístico, adquisición de mobiliario, rutas turísticas
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org