Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Creación de rede de telecentros

Categoría: NN.TT. e Tic´s
Ámbito: Estatal
Localización: -
Entidade promotora: Grupo de desarrollo rural Noroeste, Río Macho, Pedanías Altas de Lorca
Data inicial: 01/05/2002
Data final: -
Sector: Concellos e Grupos de acción local
Obxectivos: -Crear unha rede de telecentros que operan en varios territorios ao longo da península e illas.
-Traballar coordinadamente para ofrecer accións comúns.
-Compartir ideas, ferramentas e saber facer entre os telecentros participantes.
Resumo: Nos últimos anos varios Grupos de Acción Local no marco da iniciativa LEADER II impulsaron a creación de telecentros nos seus respectivos territorios. Dos sucesivos contactos con estes telecentros xorde a idea de crear unha rede na que se inclúan os telecentros que sigan a mesma filosofía de traballo e certos criterios como son: que sexa un telecentro rural, que leve máis de 3 anos funcionando, que teña recursos dispoñibles e, por último, que ofreza servizos asociados ás novas tecnoloxías.
à rede, ademais do telecentro Tierra, súmanse o telecentro de Campillo de Arenas en Jaén, telecentro Infoisla de La Palma, telecentro Cederna-Garalur en Navarra, telecentro Gordexola de Bilbao, telecentro Gorbeia-Artea en Vizcaya. Os socios son pois os GAL Cederna-Garalur, Integral, Ader la Palma e ademais o Concello de Campillo de Arenas e Laborardomo como empresa de xestión de telecentros no País Vasco. Como accións comúns estes centros ofrecen servizos de consultoría a todas aquelas entidades interesadas na implantación de telecentros, actividades de teleformación e xornadas tecnolóxicas especializadas, entre outros. O mantemento da web e a coordinación da rede é rotativo, de maneira que todos xogan un papel nestas tarefas. Ademais das actividades conxuntas, cada telecentro ofrece uns servizos especializados, poñendo a disposición da rede tanto a ferramenta como o know-how para que cada telecentro poida desenvolvelo. Estes servizos específicos están dende o portal Infoisla, que serve como ferramenta para achegar información ao cidadán a través de internet, incluíndo ofertas e demandas de emprego, bolsas e axudas, guía local de empresas, etc., ata plataformas Web para a xestión de telecentros, plataformas de e-learning, ferramentas para o deseño e instalación de redes Wireless en municipios rurais, portais turísticos e un módulo formativo de simulación do teletraballo.
Financiamento:
Resultados: O principal efecto positivo resultado da creación desta rede é que permite transmitir capital humano, coñecementos e experiencias entre os propios socios. Tamén é de destacar o desenvolvemento dunha metodoloxía interna sobre o xeito de desenvolver e comercializar os traballos propios no exterior. Este know-how enriquece o coñecemento do resto de membros sobre as utilidades que as NTIC teñen no Desenvolvemento Rural, así como as aplicacións extrapolables ás zonas de referencia de cada un dos socios. En termos xerais esta plataforma supón un achegamento das novas tecnoloxías ao conxunto da poboación do ámbito de influencia de cada telecentro, superando as limitacións derivadas das distancias que sofren a maioría de zonas rurais.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org