Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Proxecto de Implementación de Itinerarios de Acompañamento Sociolaboral

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Provincial
Localización: Galicia
Entidade promotora: Deputación da Coruña
Data inicial: 01/05/2006
Data final: 01/05/2007
Sector: Colectivos demandantes de emprego, tendo preferencia os seguintes:
- Mozos /as menores de 25 anos con escaso nivel de estudios
- Inmigrantes
- Emigrantes retornados
- Maiores de 45 anos
- Desempregados /as de longa duración
- Persoas con discapacidade
- Mulleres
Obxectivos: - Mellorar a calidade de vida dos habitantes da provincia da Coruña
- Ofrecer ás persoas en situación de desemprego, oportunidades de acceso ao mercado laboral.
- Mellorar a oferta de servizos de atención a persoas, especialmente en municipios máis rurais da provincia, a través dunha maior cualificación dos/ as traballadores / as
- Integrar social e laboral a colectivos con problemáticas particulares e en risco de exclusión social
- Aproveitar as características concretas do territorial e as oportunidades de desenvolvemento local, a través da participación activa das entidades locais.
Resumo: Trátase dun proxecto que tivo como finalidade contribuir á xeración de emprego, en colaboración con 90 concelllos da provincia da Coruña de menos de 50. 000 habitantes adheridos o mesmo.
As suas principais liñas de actuación foron:
A. Observatorio socioeconómico.
Identificación de necesidades formativas, recompilación de información en servizos de proximidade, elaboración dun banco de ideas empresariais, seguimento da realidade empresarial e laboral, elaboración dunha guía temática en servizos de proximidade e seguimento e avaliación do proxecto.
B. Selección de beneficiarios/as.
Captación e selección dos desempregados/as que van integrarse nas accións do proxecto, asignación dun/ha titor/a e deseño dun itinerario personalizado de inserción.
C. Itinerario integral de formación.
Servizo de orientación, información e asesoramento socioprofesional para a reafirmación das capacidades persoais do colectivo de beneficiarios/as (obradoiros de motivación e habilidades sociais), accións complementarias segundo demanda, formación e práctica profesional, orientación para a busca de emprego por conta allea (obradoiros de orientación laboral).
D. Asesoramento a desempregados/as.
O servizo de asesoramento laboral capacitará, prestará apoio, e realizará seguimento continuado a emprendedores/as con iniciativas emanadas dos proxecto piloto ou en creación de servizos de proximidade. Realizaranse obradoiros, cursos e titorías individualizadas, atendendo ás necesidades de cada demandante de emprego de xeito individualizado.
Financiamento: Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación da Coruña
Resultados:
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org