Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

As novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs): unha alternativa á flexibilización do traballo e á integración de políticas de xénero na Comunidade Autónoma do Pais Vasco (CAPV)

Categoría: Formación
Ámbito: Autonómico
Localización: País Vasco
Entidade promotora: Euslan Instituto de Formación, S.L.
Data inicial: 01/01/2006
Data final: 29/09/2006
Sector: Traballadores en xeral, mulleres en particular.
Obxectivos: - Atender á potencial aplicación de medidas de flexibilización laboral có soporte das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs).
- Identificar os obstáculos (directos e indirectos, manifestos y latentes) que interveñen na aplicación de medidas orientadas á conciliación do laboral e o familiar e a igualdade de oportunidades nos centros de traballo.
- Analizar a participación de homes e mulleres nos diferentes ámbitos de actividade, mediante a sensibilización e a concienciación de institucións, empresarios/ as, axentes sociais.
- Promover, por exemplo a través da Formación Continua, a planificación, organización e desenvolvemento de novas formas de flexibilización do traballo baseadas nas TICs, tendentes á conciliación das actividades laborais e doméstico familiares.
- Suxerir orientacións estratéxicas que axuden a superar as desigualdades existentes, a promoción de mulleres a postos da responsabilidade, a promoción no traballo e a permanencia nas empresas.
Resumo: Está enfocado especialmente a identificar os obstáculos (directos e indirectos, manifestos e latentes) que interveñen na aplicación de medidas orentadas á conciliación da vida laboral e familiar, e á igualdade de oportunidades nos centros de traballo, promovendo un desenvolvemento de novas formas de flexibilización do traballo baseado nas TIC. Suxiere orientacións estratéxicas que axudan a mellorar as desigualdades existentes, a promoción de mulleres a postos de responsabilidade e a permanencia nas empresas.
Para acadar dito obxectivo, realizouse un estudo documental e aplicáronse técnicas de investigación cualitativa, en concreto, entrevistas en profundidade a informantes estratéxicos e grupos de discusión.
Financiamento: Fondo Social Europeo e Fundación Tripartita para el Empleo
Resultados: O producto final está constituido por un Informe de síntese que recolle os diferentes aspectos da investigación realizada. Neste recóllense os seguintes apartados:
- A sociedade da información: unha realidade estabilizada e transversal
- Flexibilidade laboral e reorganización do tempo de traballo
- Muller, mercado laboral e sociedade da información
- A conciliación do laboral e o familiar: estratéxias privadas ante a ausencia de actuación públicas
- Deseño metodolóxico do estudo
- Análise das opinións das persoas informantes
- Conclusións
- Liñas de actuación
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org