Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Creación dun centro de vixiancia de formación continua

Categoría: Formación
Ámbito: Autonómico
Localización: Cataluña
Entidade promotora: CCOO. Cataluña (CONC)
Data inicial: 01/02/2005
Data final: 30/11/2005
Sector: Traballadores en xeral.
Obxectivos: -Definir o estado da cuestión e a marca de partida en cuanto á Formación Continua
-Analizar de forma explicativa a formación continua aos sectores da construción, sanidade e viños e cavas.
1.Coñecer os cambios que afectan en maior medida a cada sector e o papel que xoga a formación na adaptación que poden facer as empresas a aqueles cambios.
2.Analizar o tipo de formación que realizan aquelas empresas.
3.Identificar que perfís profesionais realizan formación continua.
4.Coñecer como se organizan as actividades formativas ás empresas
5.Detectar o grado de coñecemento das empresas do sector das políticas e iniciativas impulsadas pola administración para ó desenvolvemento da formación, así como os obstáculos existentes.
-Desenvolver unha proposta de estrutura e fundamentos básicos dun centro de vixilancia que potencie os actuais servizos de orientación profesional e unha maior adaptación da oferta formativa ás necesidades reais do mercado.
Resumo: Proxecto de investigación que responde á seguinte liña de acción específica: Deseño de metodoloxías e ferramentas de recollida de información periódica dos cambios tecnolóxicos, organizativos e normativos conducentes a cambios competenciais coa finalidade de actualizar as cualificacións profesionais de calquera sector.
Realizouse unha investigación de carácter fundamentalmente práctico na que a metodoloxía de investigación se formulou recoller as necesidades e a sensibilización das empresas en relación a cómo xestionan a información sobre o seu entorno e a formación continua en tres sectores concretos: construción, sanidade e viños e cavas. Fíxose dende esta perspectiva das cualificacións profesionais e no marco da sociedade da información e o coñecemento.
O estudo identifica cales tería que ser as liñas de actuación estratéxica dun Centro de Vixilancia en Formación Continua para converterse nunha ferramenta idónea e fundamental para a actualización das cualificacións profesionais. Ademais, deseñouse un modelo de contorno para ilustrar as propostas claves de éxito para a posta en marcha dun contorno deste tipo.
Financiamento: Fondo Social Europeo, Consorci per a la Formació Continua de Catalunya e Servei d´Ocupació de Catalunya
Resultados: Entre os principais informes atopamos os seguintes:
- O sector da construción en Cataluña
- O sector sanitario en Cataluña
- O sector do viño e do cava en Cataluña
- Centro de Vixilancia
- Conclusións
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org