Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Mainstreaming de xénero: Análise dende unha perspectiva de xénero da xestión da formación

Categoría: Formación
Ámbito: Estatal
Localización: -
Entidade promotora: UGT Euskadi
Data inicial: 01/01/2005
Data final: 30/09/2005
Sector: Mulleres e traballadores en xeral
Obxectivos: Obxectivo xeral foi analizar a situación laboral, ocupacional e formativa do colectivo de mulleres ocupadas de España nos diferentes sectores económico, co fin de coñecer os modelos de formación continua que se aplican con respecto ao colectivo de mulleres traballadoras, e fomentar o uso de políticas de igualdade de xénero no seu deseño e xestión. El resultado final de esta acción es el desenvolvemento dun conxunto de boas prácticas.
Resumo: Debido a que a premisa final e realizar e difundir un conxunto de boas prácticas que se puxeron en practica nas empresas e organizacións pertencentes os sectores da agricultura, pesca, industria, construción e servizos, as técnicas empregadas en dito desenvolvemento foron unha análise documental, entrevista en profundidade, grupos de traballo enquisas telefónicas a traballadoras, análise secundario de contido (información sobre boas prácticas) e método Delphi.
Deste xeito obtívose entre as múltiples opcións, ditas boas prácticas, as cales, resultan moi interesantes para a administración local.
Financiamento: Fondo Social Europeo e Fundación Tripartita para el Empleo
Resultados: O proxecto toma a denominación Mainstreaming o trasversalidade de xénero ao concibir tal coma:
�La organización (la reorganización), la mejora, el desarrollo y la evolución de los procesos políticos, de modo que una perspectiva de igualdad de género, se incorpore en todas las políticas, a todos los niveles y en todas las etapas, por los actores normalmente involucrados en la adopción de medidas políticas�.
Partindo desta perspectiva, recóllense as seguintes conclusións:
1. O noso pais posúe unhas diferenzas significativas nas taxas de ocupación e nas condicións laborais entre homes e mulleres, alcanzando as cotas mais elevadas en toda a Unión Europea. Ante dita situación, proponnos como reto conseguir unha converxencia definitiva das taxas de actividade e ocupación, por un lado, e lograr a equiparación plena entre as condicións laborais dos homes e mulleres (salarios, estabilidade laboral e categorías profesionais).
2. A metodoloxía de xénero debe enfocarse non só o estudo da situación da muller e a búsquea para incorporarse no mercado laboral en condicións semellantes ao home, así como a búsquea e análise da maneira na que as mulleres poidan ser capaces de transformar o mundo laboral.
3. O centrar a atención do mainstreaming na formación continua analizou si esta é realmente un instrumento que replica a cultura de desigualdade ou, pola contra, si se converte nun vehículo para xerar igualdade entre homes e mulleres. Concluíu en que para acadar dita inclusión e preciso emendar o déficit existe na xestión na planificación, execución e avaliación da formación continua. Ademais dita incorporación na formación debe ir reforzado coa aplicación de políticas propias doutros espazos do mundo empresarial.
4. A formación continua posúe importantes carencias no sector feminino da nosa poboación, polo que propoñen a aplicación do benchmarking como unha ferramenta para coñecer as melloras que se poidan facer na aplicación das prácticas de igualdade de oportunidades dentro da estrutura empresarial.
Os produtos finais inclúen catro manuais:
-Análise do diagnostico de situación das características socioeconómicas e estruturais das empresas de diferentes sectores económicos no ámbito estatal dende unha perspectiva de xénero.
-Análise da situación laboral, ocupacional e formativa do colectivo de mulleres ocupadas en España nos diferentes sectores económicos.
-Análise dos modelos de deseño e xestión da formación continua que están seguindo nas empresas e organizacións con respecto ao colectivo de mulleres traballadoras.
-Guía para unha formación integrada dentro das organizacións
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org