Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Serea

Categoría: Pesca e Agricultura
Ámbito: Autonómico
Localización: Galicia
Entidade promotora: CETMAR
Data inicial: 01/11/2006
Data final: 31/12/2008
Sector: Persoas traballadores e empresarias do sector da pesca extractiva de baixura e marisqueo
Obxectivos: Impulsar a creación dun modelo de reestruturación socioeconómica e laboral no sector pesqueiro de baixura.
Resumo: SEREA é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, en virtude do artigo 6 "Enfoques innovadores na xestión do cambio". Trátase dunha "medida innovadora" no ámbito da "Xestión da reestructuración" enfocada ao sector pesqueiro de baixura e o marisqueo.
FASES
Preparación: Inclúense aquí accións de sensibilización, diagnose, información e vivencia de experiencias.
Observatorio estratéxico para a xestión do cambio no sector pesqueiro tradicional: perspectivas transnacionais.
Estudo de viabilidade cara a práctica da pesca sostible e actuacións complementarias: condicións lexislativas, medioambientais, xeográficas, económicas, e repercusión nas principais partes interesadas neste tipo de medidas.
Intercambios transnacionais para a vivencia de experiencias de éxito en relación ao sector pesqueiro.
Seminarios de sensibilización e orientación ao cambio:A cultura do cambio.
Responsabilidade social corporativa.
Pesca sostible: reservas mariñas protexidas, comercialización.
Pescaturismo e turismo mariñeiro.

Intervencións: Actuacións concretas destinadas á posta en marcha dos mecanismos máis adecuados para facer fronte ao proceso de reestruturación e manter unha orientación permanente cara o cambio
Estratexia de actuación no sector: perspectivas nun horizonte de tres anos
Mapa de indicadores de anticipación do cambio.
Previsión de evolución do sector para os vindeiros tres anos.
Proposta de medidas concretas para o progresivo desenvolvemento do sector.
Comité asesor para a xestión do cambio no sector pesqueiro.
Comisión de desenvolvemento sostible.
Comisión de Recursos Humanos.
Comisión de pescaturismo/ittiturismo.
Servizos de asesoramento:
Recualificación profesional
Recolocación de profesionais dentro do propio sector
Plan de formación complementaria:
Orientación cara a diversificación da actividade.
Alfabetización dixital.
Grupos de formación actitudinal: técnicas de negociación, toma de decisións, resolución de conflictos, traballo en equipo, etc.
Rede de xestión do coñecemento.
Actividades de sensibilización: mellora da imaxe do sector

Avaliación: Rede transnacional de revisión interpares de boas prácticas aplicadas ao sector pesqueiro. O principal obxectivo desta rede é levar a cabo o estudo último das boas prácticas detectadas por cada membro do proxecto.
Financiamento: Fondo Social Europeo
Resultados:
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org