Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Barrios hacia á igualdade

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Autonómico
Localización: Andalucía
Entidade promotora: Fundación Valdocco - Centro de Inserción Sociolaboral -
Data inicial: -
Data final: -
Sector: Mozos e mozas que fracasaron na educación formal
Obxectivos: Facilitar a inserción sociolaboral a través de itinerarios especializados.
Impulsar a creación de redes con todos os axentes sociais, económicos e culturales que participan na zona.
Apoiar a creación de proxectos de autoemprego e empresas de inserción sociolaboral.
Resumo: Os antecedentes do centro Valdoco remóntanse ao ano 83, cando un grupo de profesionais que traballaban na educación formal suscitáronse a necesidade de crear algo máis informal e dinámico para formar a mozos que saíron da educación formal. No ano 85 comezan a traballar nos primeiros proxectos.
Pronto se conforma unha asociación denominada Terra Nova que empeza a súa andaina no ano 85, implicando a máis persoas e reclamando proxectos de intervención. Co transcurso do tempo fíxose necesario involucrar á administración pública para o desenvolvemento de diferentes actividades no que sería o centro de intervención sociolaboral actual, deste xeito xorde a fundación Valdoco, composta pola asociación Terra Nova, o concello de Huelva, a Diputación Provincial de Huelva e a el Monte.
Valdoco, hoxe, é un centro que dá traballo a máis de 60 persoas e que, situado no barrio de Torrejón (Huelva), chegou a ser un centro de inserción integrado que traballa coas persoas dende unha perspectiva sinérxica e de traballo en rede. Realiza diversas actuacións, desde a xestión e desenvolvemento de casas de acolleita para mozas e menores, ata a cooperación internacional e extrapolando a súa experiencia a outros países.
O seu obxectivo xeral é contribuír á promoción e desenvolvemento da zona de actuación a través de accións dirixidas á inserción sociolaboral e á creación de espazos que fomenten o emprego.
Financiamento:
Resultados: No ano 2003 traballouse con 882 persoas, das cales 740 realizaron itinerarios de inserción. En canto ás accións de inserción laboral, o total de contratacións de servizos foi de 220 persoas, realizándose 142 novos contactos con empresas.
En canto ao servizo de creación de empresas, realizáronse proxectos de autoemprego para 14 novas empresas que iniciaron a súa andaina, hai 15 plans finalizados e 4 plans en ejecución. No transcurso do ano 2003 consolidáronse 2 novas empresas que realizaron un total 17 contratos.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org