Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Desenvolvemento Local-Banco de Ideas
Galego Español
Banco de Ideas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Base de datos de proxectos ou accións de desenvolvemento local postos en marcha en diferentes zonas xeográficas que constitúen exemplos de boas prácticas e que poden resultar de interese para aquelas entidades que queiran deseñar e por en marcha os seus propios proxectos.

Escolle unha ou varias opcións:
Voltar ao listado

Selo solidario

Categoría: Emprego e servizo á empresa
Ámbito: Local
Localización: Galicia
Entidade promotora: Concello de Lugo
Data inicial: 15/06/2005
Data final: -
Sector: Empresas de lugo
Obxectivos: Avanzar pola senda do emprego de calidade e gañar a batalla á temporalidade.
Resumo: Trátase dun sistema de recoñecemento de empresas solidarias.
En efecto, o Sello Solidario é unha acreditación que o Concello de Lugo concede ás empresas lucenses solidarias, comprometidas co emprego de calidade, as políticas de igualdade e a conciliación da vida familiar e laboral.
O único requisito ou presuposto para poder optar a esa acreditación é a vontade da empresa, isto é, que a empresa estea disposta a someterse ao procedimento de certificación para a obtención do selo solidario.
Poderán participar pois, calquer profesional ou empresa, con independencia do sector ao que pertenza, o seu tamaño e volumen de facturación.
A tal efecto, valoraranse positivamente as empresas que introduzan políticas de igualdade e medidas para compatibilizar a vida laboral e familiar: flexibilidade de horarios, reducción de xornada, creación de garderías nas propias empresas, contratación de colectivos en situación de vulnerabilidade, etc.
Financiamento: A acción conta con financiamento de varios organismos e liñas de axudas:
- O concello de Lugo.
- Equal.
- Programas formativos e de emprego da Consellería de Traballo.
Resultados: De momento participaron máis de 400 persoas.
Debido a que aínda están comezando non se pode falar de resultados.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org