Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Los Porches"

Especialidades: - albanelaría / 8 alumnos
- carpintaría / 6 alumnos
- Xestión de recursos turíticos / 6 alumnos
Provincia: Toledo
Concello: Madridejos
Entidade promotora: Diputación Provincial de Toledo
Data inicial: 24/10/2005
Data final: 23/10/2006
Contido de obra ou servizo: No proxecto desenvolven dous tipos de actuacións:
1. A rehabilitación dunhas antigas cortes municipais.
2. A dinamización dos recursos turísticos do concello mediante a realización de guías medioambientais e o deseño de rutas tanto en serras como no espazo urbano, en concreto elaborándose 3:
- ruta polo casco vello, igrexas e conventos.
- ruta popular: silos (casas subterráneas, praza de toros, e muíño).
- ruta agroalimentaria, que inclúe a artesanía do queixo, aceite, doces, etc.
Dificultades: O incumprimento dalgúns dos obxectivos marcados ao comezo do proxecto son as maiores debilidades do mesmo. En concreto, non é viable rematar a obra prevista dada a amplitude da mesma polo que o alumnado traballador da especialidade de xestión de recursos turísticos non vai poder traballar nela, aínda que isto último tampouco sería posible coa obra finalizada dado que o compromiso inicial por parte do concello de que as Casas de Turismo Rural ían ser xestionada por dito alumnado traballador, mais cando se contactou telefonicamente co director do proxecto (mes previo ao remate do proxecto) o concello decidiu que convocará concurso público para a súa xestión.
A nivel de xestión, os gastos xerados superaron a subvención concedida.
Outro aspecto a destacar é a baixa motivación do alumnado traballador de carpintaría o que dificultou o bo desenvolvemento desta especialidade.
Observacións: A Junta de Comunidad de Castilla La Mancha a través da Consejería de Industria y Turismos acaba de regular os perfís de guías turísticos. Un dos perfís establecido é o de "informador ou informadora local" que poderá ser cuberto por unha persoa que posúa o graduado en ESO e cun curso de 90 horas sobre contidos relacionados co posto. A especialidade de xestión de recursos turísticos recolle os coñecementos teóricos-prácticos esixidos para ser "informador ou informadora local", polo que para o alumnado traballador ábrese unha oportunidade laboral. Ademais, o grupo constituíu unha asociación que se dedica a deseñar paquetes turísticos, esbozar actividades extraescolares para centros educativos, deseñar rutas, etc.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org