Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Emprendedores empresariales - Sustatzaile Eskola"

Especialidades: - Emprendedores / 15 alumnos
Provincia: Vizcaya
Concello: Markina-Xemein
Entidade promotora: Azaro Fundazioa
Data inicial: 14/10/2005
Data final: 13/07/2006
Contido de obra ou servizo: Formación de persoas emprendedoras, co fin de que se definan proxectos empresarias de base tecnolóxica que se poñan en marcha na comarca de Lea Artibai e no seu contorno.
Dificultades: O proceso de selección das persoas participantes, ao ser derivadas do Servizo Público de Emprego accederon persoas sen ningunha idea empresarial concreta e sen perfil de emprendedora. A pesar de que se lles explicou as características do proxecto, este non deixaba de ser unha alternativa á situación de desemprego máis que unha opción de capacitación cara a posta en marcha da súa empresa. Esto evidenciouse no elevado número de baixas que se deron, un total de 7.

Outra dificultade do mesmo foi a contratación de docentes xa que o desenvolvemento do plan formativo tan variado na súa temática require duns 15 profesionais.
Observacións: Xa está prevista a posta en marcha dun segundo proxecto, neste caso cunha duración dun ano e para o que se van tomar medidas que eviten as dificultades xurdidas na primeira experiencia. Realizarase un labor previo de captación de posibles persoas emprendedoras que se derivaran ao Servizo Publico de Emprego para que soliciten a participación no obradoiro de emprego, incorporarase un novo módulo formativo de "creacion e identificacion de ideas empresarias" cara apoiar nestes proceso a persoas que cheguen sen idea empresarial.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org