Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Observatorio-Iniciativas
Galego Español
Iniciativas
Imprimir Enviar a un amigo/a
Iniciativas de escola obradoiro, obradoiro de emprego ou casa de oficios postas en marcha noutras zonas xeográficas e que poden resultar de interese para actuais e futuras entidades promotoras da nosa provincia que teñan inquietudes por romper coa dinámica de desenvolver proxectos con especialidades vinculadas a construción.

Escolle unha ou varias opcións:
 
Voltar ao listado

Obradoiro de emprego "Bibliotecas II"

Especialidades: - Técnico/a especialista en bibliotecas / 20 alumnos
Provincia: Las Palmas
Concello: Las Palmas de Gran Canaria
Entidade promotora: Universidad de las Palmas de Gran Canaria
Data inicial: 19/12/2007
Data final: 18/12/2008
Contido de obra ou servizo: A finalidade deste proxecto céntrase na recuperación do Patrimonio Bibliográfico Canario manuscrito e impreso e a súa difusión na sociedade canaria. En concreto, desenvolveron as tarefas propias de persoal técnico dos diferentes servizos dunha biblioteca universitaria.
Dificultades: Neste proxecto non se deu ningunha dificultade concreta, si as houbo nas primeiras edicións nas que o persoal propio das bibliotecas non era receptivo/a a que o alumnado traballador fixera as súas funcións. Co tempo, superáronse as reticiencias iniciais e nestes momentos non existe ningún problema nestes sentido.
Outra das dificultades que poden darse derivan dun mal proceso de seleccións, é necesario dedicarlle tempo para que as persoas seleccionadas sexán as adecuadas para este proxecto a nivel de motivación e interesa para formarse e traballar nesta ocupación.
Observacións: Nas Canarias non hai unha oferta de formación regrada relacionada coa Biblioteconomía, polo que existe unha demanda de pesoal formado nestas ocupacións. Por outra banda, o deseño dun proxecto dirixido preferentemente a persoas universitarias xustifícase no elevado desemprego que se dá entre titulados e tituladas, especialmente das ramas de humanidades.
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org