Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Novas
Galego Español
Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a
A UPD estrea web con novas aplicacións para os usuarios
- 01/03/2010 -
Novo portal en Internet para a UPD da Mancomunidade de Vigo
A UPD da Área da Mancomunidade de Vigo renova o seu portal en Internet apostando pola funcionalidade para que o usuario acceda aos seus contidos dun xeito rápido e cómodo enmarcado nun espazo totalmente renovado.

O sistema de busca que ofrece ao usuario é máis eficaz, destacando a súa usabilidade para que se poida acceder doadamente a toda a información que se estrutura dunha forma máis clara e intuitiva.

O usuario poderá atopar toda a información sobre a UPD e as accións que desenvolva, ademais dos obradoiros de emprego e escolas obradoiro que contan co seu propio espazo na web onde publican a información sobre estes.

Tamén, ten prevista a creación dun portal de emprego e unha plataforma de e-learning, que debido ao constante progreso e cambio tecnolóxico, se converteu no novo e revolucionario medio tecnolóxico para impartir cursos de formación, compartir coñecemento, comprometéndose deste modo coa sociedade do noso tempo.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org