Nº 20 - setembro 2010

PDF > Boletín Nº 20 - setembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A XUNTA FACILITOU A CONSTITUCIÓN TELEMÁTICA DE MÁIS DE 900 NOVAS EMPRESAS A TRAVÉS DO IGAPE

Dende a posta en marcha da súa rede composta por 7 Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Industria, facilitou a tramitación para a constitución de 900 novas sociedades mediante o sistema telemático que incorpora a figura xurídica Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), especialmente orientada aos impulsores de novas iniciativas empresariais e que en Galicia está a ser moi requirida desde o comezo. O sistema de tramitación telemática xa está estendido tamén ás sociedades de responsabilidade limitada (SRL). [ Continúa... ]
PRORRÓGASE O PROGRAMA TEMPORAL DE PROTECCIÓN POR DESEMPREGO E INSERCIÓN

A prórroga do programa implica que aos traballadores que extingan por esgotamento a prestación por desemprego contributiva ou os subsidios por desemprego entre o día 16 de agosto de 2010 e o día 15 de febreiro de 2011, lles será de aplicación o establecido na Lei 14/2009 coas modificacións incluídas por esta norma. [ Continúa... ]
SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE AEDL COAS ENTIDADES LOCAIS

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG do 15 de setembro de 2010, a convocatoria que recolle as liñas de axuda que teñen por obxecto a dinamización do emprego no ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) por parte das entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local. [ Continúa... ]
PROGRAMA DE CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS

A Cámara de Comercio a través da Fundación INCYDE está a desenvolver un programa de formación empresarial cuxo obxectivo é por unha banda determinar a viabilidade dunha idea empresarial e a súa posta en marcha para aquelas persoas que teñen un proxecto en mente ou ben acadar a maior rendibilidade posible naqueles casos que a empresa xa teña sido constituída. [ Continúa... ]
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org