Nº 21 - outubro 2010

PDF > Boletín Nº 21 - outubro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
PUBLICOUSE O NOVO ESTUDO DO OSIMGA SOBRE A SITUACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EN GALICIA

O pasado día 15 o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) deu a coñecer o estudo titulado “A Administración Electrónica na Xunta de Galicia. Edición 2009”

 O cometido do estudo foi analizar a situación da administración electrónica para todos aqueles organismo dependentes da Xunta de Galicia (consellerías e centros xestores) xa que resulta de vital importancia coñecer o grado de implantación da e- administración na nosa comunidade. A aplicación da Lei 11/2007 para o Acceso Electrónico dos Cidadáns as Administracións Públicas e con ela a posta en marcha de mecanismos por parte da administración que faciliten este dereito da cidadanía, é unha realidade. Cuestión que xustifica o desenvolvemento do presente estudo, xa que é un xeito mais de promover dita implantación e garantir o seu correcto funcionamento.

Coa finalidade de dar a coñecer os principais resultados do estudo, deterémonos nos seguintes apartados establecido en formato esquemático:
1. Equipamento e conectividade
No período 2008-2009 incrementou nun 4,9% o número de ordenadores de usuario da Xunta de Galicia, aínda que seguen importantes carencias, coma a que en ocasións non dispoñen de banda ancha ou non están conectados á rede local.
 
2. Aplicación e software libre
O software libre esta presente nun 92,9% en todas as consellerías.
 
3. Xestión informática das TIC
Incrementou no último ano en algo mais dun 7% as consellerías con persoal propio que desenvolven programas informáticos, aínda que na maioría carecen dun certificado externo sobre a xestión da TIC.
 
4. Sitio Web
En xeral, houbo un importante incremento e adianto das funcionalidades dos sitios web das consellerías, abranguendo aquelas relacionadas cos aspectos técnicos como as orientadas cara aos usuarios.
5. Intranet
Case un 80% das consellerías ten intranet propia.
 
6. Uso de certificados electrónicos e Tramitación telemática
Se entendemos estes coma mecanismos de identificación e seguridade, o seu uso aínda non é completo para toda a administración, e existe unha baixa utilización dos módulos xerais de tramitación telemática.
 
7. Canais de comunicación cos cidadáns e Servizos electrónicos
Se esta a empregar unha gran variedade de canais de comunicación cos cidadáns pero se limitan aos propios de internet. Non existe experimentación coas novas canles, coma poden ser os SMS, dispositivos móbiles e teléfono.
 
8. Procedementos
A integración de procedementos entre administracións é moi baixa e practicamente inexistente con terceiros
 
9. Participación e democracia electrónica
A maior parte da cidadanía participa electrónicamente grazas o mecanismo da caixa de correo electrónico xenérico (92,9% de consellerías), quedando moi por riba doutros mecanismos como as enquisas electrónicas ou os foros.
 
Se queredes ampliar máis o voso coñecemento sobre o presente estudo, podedes acudir o OSIMGA ou a nosa fonte de información http://www.eidolocal.com/portal/actualidade.

Estudo en Pdf


Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org